Sociedad
01-12-2008
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón presenta hoxe na Fundación Araguaney en Santiago o seu último libro, 'La línea del horizonte. Una crónica íntima de nuestro tiempo', acompañado do comisario de policía Enrique León.
Este libro é unha polifonía de voces singulares e moi influíntes da política dos séculos XX e XXI. Realizado durante a excedencia que o maxistrado disfrutou entre o 2005 e o 2006 para dar clases na Universidade de Nova York, o libro estructúrase como unha serie de conversas en torno a diferentes temas e preguntas: o terrorismo, a xustiza universal, os dereitos humanos, o futuro de América Latina, o respecto ás víctimas nas transicións á democracia...
Entre os participantes atópanse Henry Kissinger, Álvaro Uribe, Ernesto Zedillo, Felipe González, Antonio Muñoz Molina, Teresa Fernández de la Vega, Guzmán Tapia, José Saramago ou Rodríguez Zapatero.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias