El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Carlos Tabares falará en Santiago da situación da prensa en Venezuela

01-12-2008 00:00:00

O coordinador de contidos da televisión estatal venezolana ViVe ofrece este mércores en Santiago unha conferencia para falar sobre 'Venezuela: cando o extraordinario se fai cotián', na que poñerá de manifesto "o que os medios de comunicación ocultan" sobre a realidade do país bolivariano. Organizada polo Club Internacional de Prensa, o acto terá lugar o mércores na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, e será presentado polo director de Altermundo, Manoel Santos. Tabares participa tamén nas xornadas 'O futuro da industria da comunicación' na derradeira sesión, que terá lugar o 4 de decembro xunto ao profesor Jesús Timoteo. Licenciado en Artes Cinematográficas pola Universidade Central de Venezuela, Tabares desempeñouse como director de programación da Fundación Cinemateca Nacional de Venezuela e xefe de programación de Telesur e Venezolana de Televisión. Exerceu a crítica cinematográfica na revista Encuadre. Actualmente exerce como coordinador de Novos Contidos da canle educativa e cultural ViVe.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias