O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, participou na presentación en Lugo do película 'O eloxio da distancia'. Esta primeira proxección da campaña de presentación do filme tivo lugar no salón de actos da Deputación de Lugo e este sábado 6 trasladarase a Fonsagrada, que foi o lugar de rodaxe do filme.
Na presentación, ademais do vicepresidente da Deputación, estiveron presentes o Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, e o Presidente de Filmax, Julio Fernández. Ademais, Bao anunciou a próxima edición dun libro, no que se recollen fotografías realizadas durante a rodaxe da película.
Esta película dirixida por Felipe Vega, que é tamén o autor do guión xunto con Julio Llamazares, conta coa participación na produción executiva e como director de desenvolvemento do lucense Pepe Coira. Conta a vida das Terras de Burón ao longo dun ano, e leva á pantalla os cambios que a paisaxe experimenta no paso dunha estación a outra. Así, a estrutura narrativa do documental descansa sobre a idea das catro estacións.