Unha fundación xestionará o futuro Museo da Historia de Pontevedra, que non dependerá así da Deputación. A concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, anunciou a súa intención de que sexa unha fundación de carácter local a que se encargue da musealización dos restos aparecidos onda a Ponte do Burgo. Ademais, a concelleira sinalou que se creará unha ruta urbana na cidade do Lérez cos diferentes restos arqueolóxicos aparecidos na cidade, coma os do Campiño e mais a avenida de Santa María.