A partir de maio, e durante dous meses, os vigueses poderán contemplar no Centro Social Caixanova unha selección de sesenta obras que forman parte da pinacoteca da Deputación pontevedresa e que ata o de agora estaban depositados no Museo de Pontevedra.
Esta é a primeira vez que esta institución organiza unha mostra de arte na cidade olívica. As obras emprestadas serán de autores galegos do século XIX, como Sotomayor, Ferro, Villamil ou Murguía. A exposición levará o título "Do neoclasicismo ao naturalismo na arte galega".