El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

O CGAI inicia un ciclo dedicado aos cineastas libaneses Joana Hadjithomas e Khalil Joreige

08-01-2009 13:06:17

O Centro Galego de Artes da Imaxe comeza este vernes un ciclo dedicado á parella de cineastas libaneses Joana Hadjithomas e Khalil Joreige coa proxección de 'Je veux voir' (2008), protagonizado por Catherine Deneuve, presente en Cannes 2008 e premiada como mellor traballlo de 'Non Ficción e Documental' no certame de Gijón. Ademais, proxectarase a curta homenaxe a Jacques Tati, 'Open the door please'(2007). A sesión repítese ao día seguinte.

Este ciclo está constituído por sete traballos e prolongarase en febreiro. O seu interrogatorio sobre a historia, a escritura fílmica e as súas diferentes plasmacións amosa a supervivencia da imaxe como motor e elemento de rexistro da historia. Ambos aristas proceden de Beirut e son autodidactas e eruditos da Historia do cine.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias