El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

CINE

"Todo sobre Eva" de Mankiewicz no ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia en Santiago

12-01-2009 12:33:48

Este martes 13 de xaneiro, a sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela, acollerá a proxección dun novo filme do ciclo 'Espazos teatrais', unha iniciativa que renova o esforzo desta institución por achegar e manter esta disciplina na súa rede de espazos culturais.

Nesta ocasión, exhibirase o filme 'Todo sobre Eva', de Joseph L. Mankiewicz, un filme que durante décadas, ata a chegada de Titanic, cargou co récord de candidaturas aos Óscar, un total de catorce dos que levaría seis. A película fala do arribismo servil dunha aspirante a actriz, a partir dunha visión crítica e áceda da sociedade norteamericana e da fogueira das vaidades do teatro. Cos anos, houbo versións para a televisión e musicais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias