Lugo Cultural celebrará un concerto do ciclo 'Lubicán' todos os cuartos xoves de mes. Con este ciclo, preténdese achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións. Deste xeito, haberá representantes de estilos tan diversos como o folk, o rock, o pop, o jazz, a canción protesta e cantautores.
Os concertos comezarán o día 22 coa actuación de Uxía, no Círculo das Artes, para presentar o seu novo disco 'Eterno navegar'. A cantante estará acompañada por Quine, Xacobe Martínez, Santiago Cribeiro e Paulo Borges. O concerto comezará ás nove da noite no Círculo das Artes.
No mes de febreiro, o ciclo continuará co Trío Vaamonde. Ophiusa actuará en marzo e Abraham Boba, no mes de abril. O 21 de maio o 'Lubicán' acollerá a presentación do novo traballo de Pepe Vaamonde, 'Intro Terra'. Despois do verán, está prevista a actuación do grupo lugués Kentokaki, quen pecharán o ciclo.