El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

Agadic promoverá máis de mil funcións e concertos durante o primeiro semestre de 2009

15-01-2009 08:02:24

As tres redes de distribución de teatro, danza, maxia e música que promove a Consellaría de Cultura a través da Axencia Galega das Industrias Culturais ofrecerán un total de 1.015 funcións e concertos entre os meses de xaneiro e xuño. Destes, 466 corresponden á Rede Galega de Música ao Vivo, 394 á Rede Galega de Teatros e Auditorios e 155 á Rede Galega de Salas.
 
Unha das novidades deste primeiro período da programación de 2009 é a incorporación á Rede Galega de Salas da Sala The Star, no concello coruñés de Carral, coa que xa son sete os espazos asociados a este circuíto. Xunto co devandito local, están o Teatro del Andamio na Coruña; a Sala Nasa, a Sala Santart e oTeatro Escena en Santiago; e o Teatro Arte Livre e o Teatro Ensalle en Vigo.
 
A Rede Galega de Salas acollerá neste semestre as últimas propostas de 50 compañías, 41 delas galegas e 9 procedentes doutros puntos do Estado; cunha presenza destacada das novas tendencias escénicas e do teatro infantil.
 
No caso da Rede Galega de Teatros e Auditorios, un total de 80 espectáculos escénicos a cargo de 67 compañías, 58 galegas e 9 de fóra de Galicia, dan forma a esta carteleira, que se desenvolve en 46 espazos xestionados por concellos e entidades privadas de todo o país.
 
Canto á Rede Galega de Música ao Vivo, 97 grupos e solistas de todos os estilos musicais actuarán até xuño nos 42 locais que integran na actualidade este circuíto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias