El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

O Centro Dramático Galego ofrece un obradoiro de escrita teatral a cargo de Maxi Rodríguez

16-01-2009 13:27:18

O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego acolle a partir do luns dezanove o segundo dos catro obradoiros que conforman o curso de escrita teatral 'Pistas para unha dramaturxia da actualidade III', impartido polo dramaturgo asturiano Maxi Rodríguez e supervisado por Cándido Pazó. Un grupo de 12 alumnos seguirá esta actividade, que se desenvolverá até o venres día 23.

O curso componse de catro obradoiros dunha semana de duración cada un, nos que, a partir da identificación e do estudo dos múltiples temas que poden definir a actualidade, son rastrexados e experimentados os distintos enfoques, estratexias e camiños dramatúrxicos para abordalos.

Así, ademais de Cándido Pazó e Maxi Rodríguez, o francés Enzo Cormann, responsable do departamento de escritura dramática na Escola Nacional Superior das Artes e Técnica do Espectáculo, impartirá un terceiro obradoiro que terá lugar do 23 ao 27 de febreiro. Finalmente, do 30 de marzo ao 2 de abril está previsto o taller da británica Elyse Dodgson, directora asociada e xefa do departamento internacional do Royal Court Theatre de Londres.

Durante a súa estadía no Centro de Creación Dramática, os alumnos están a escribir un texto breve que vai tomando forma segundo se desenvolven a totalidade dos obradoiros. Para este fin, Cándido Pazó, como director do curso, estableceu un período de seguimento presencial e a distancia dos traballos dos alumnos, posterior á celebración de cada un dos talleres.

Ao remate do curso, o Centro Dramático Galego organizará unhas lecturas dramatizas baixo o título 'Lecturas en acción', cunha selección dos textos xurdidos desta experiencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias