El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

Comeza no CGAC o curso "Aproximación á Creación IV. As vangardas históricas (1900-1945)"

19-01-2009 19:03:43

O curso 'Aproximación á creación IV. As vangardas históricas (1900-1945)', do Centro Galego de Arte Contemporánea, dará comezo este martes día 20 de xaneiro cun total de 115 persoas inscritas. Superadas as previsións iniciais, foi preciso trasladar a súa celebración da sala do padroado ao auditorio do centro.

O curso, estruturado en vinte clases teóricas e cinco sesións prácticas, impartirase todos os martes até o vindeiro mes de xuño. Está dirixido por María Álvarez Cebrián e coordinado por Virginia Villar. Constitúe a continuación dun programa de formación iniciado hai uns anos polo CGAC e que ten como principal obxectivo achegar a arte contemporánea ao público non especializado.

As clases servirán como medio para familiarizar aos participantes coa arte actual, para acadar un manexo básico da linguaxe artística e facelo efectivo na súa aplicación práctica a través de varias visitas programadas para tal efecto.

Programa do curso

O programa do curso inclúe os conceptos fundamentais da arte contemporánea no período que se estende dende principios do século XX até a II Guerra Mundial. Analizarase a evolución das diferentes vangardas históricas, afondando en cada un dos movementos artísticos, na súa contextualización, desenvolvemento e influencias posteriores: modernismo, postimpresionismo, fauvismo, cubismo, futurismo, suprematismo, constructivismo, dadaísmo, surrealismo...

Para darlle continuidade ao proxecto, en edicións posteriores impartiranse dous cursos, un que abranguerá o período que comeza coa crise da moderniadade e trazará un percorrido polas neovangardas, dende 1945 até os anos 80; e outro centrado na análise da arte actual, a partir de 1980 até a actualidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias