El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

As visitas ao portal do Clúster Audiovisual Galego crecen máis do 75%

19-01-2009 19:23:13

O ano 2008 supuxo un sólido crecemento no número de visitas ao portal Do Clúster Audiovisual Galego, que se ben rexistra unha continuada tendencia alcista dende 2006, foi no 2008 cando se producíu un avance cuantitativo máis relevante, tanto no número de visitantes distintos, como no tráfico total de visitas.

Se se toma en consideración o número de visitantes distintos, o ano 2008 representa un incremento do 40,8 por cento, pasando dos 18.426 en 2006, a 19.969 en 2007 e a 25.960 en 2008. Este incremento de visitantes distintos vai acompañado tamén dun incremento de visitas totais, é decir, que cada usuario consulta maior número de veces a web, sendo a evolución no trienio analizado de 41.464 visitas totais en 2006; 42.164 en 2007 e de 72.887 no ano 2008. É decir, no último trienio, o portal rexistrou un incremento do 75,8 por cento no tráfico total de visitas.

Tamén se ten producido un incremento do 47,4 por cento dos visitantes que engadiron www.clusteraudiovisualgalego.com entre os seus favoritos en 2008 respecto ao ano pasado, o que se traduce nun total de 2.569 novas persoas que durante o último ano engadiron este enlace aos seus favoritos. Comparado este dato co ano 2006, o incremento é do 55,1%, con 2.839 visitantes máis.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias