El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

VANGARDAS SONORAS

Caixa Galicia trae a Galicia a Josh Rouse, Sr.Chinarro, The Wave Pictures e Aaron Thomas

26-01-2009 18:45:07

 A Fundación Caixa Galicia vén de anunciar a programación da última edición do seu ciclo 'Vangardas Sonoras', unha iniciativa coa que a entidade achegará a diferentes cidades galegas algunhas das máis interesantes e celebradas propostas da música independente mundial.

Como en anos anteriores, a edición 2009 de 'Vangardas Sonoras' inclúe cinco concertos entre os meses de febreiro e maio, todos a un prezo único de seis euros. Desta volta, repítese o modelo de anos anteriores: recitais íntimos de artistas independentes cunha sólida reputación, en auditorios pequenos e a un prezo económico.


Viaxe por toda Galicia

O concerto inaugural terá lugar o vindeiro 17 de febreiro no Teatro Salesianos de Vigo coa actuación do cantautor norteamericano Josh Rouse, unha das voces máis respectadas do novo folk e do alt country ianqui.

En Ferrol, o día 6 de marzo, o auditorio da Fundación Caixa Galicia acollerá o concerto do único intérprete español do cartel, Sr.Chinarro, un dos artistas máis consolidados da escena indie nacional que presentará en Galicia o seu último disco, 'Ronroneando'.

Máis tarde, o 18 de abril, e por vez primeira en Galicia, chegará á sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña un dos máis abraiantes grupos do pop británico, The Wave Pictures, responsables dun dos mellores discos do ano, 'Instant Coffe Baby'.

Xa o día 8 de maio, o Teatro Principal de Santiago acollerá o concerto do australiano Aaron Thomas, nunha cita dobre na que actuará como artista convidado Darren Hayman, o antigo líder da banda de culto británica Hefner. Thomas, artesán pop e boxeador afeccionado durante unha longa estadía en Ucraína, presentará ao público galego o seu último traballo, 'Follow the Elephant', mentres que Darren Hayman, pola súa banda, chegará tamén por primeira vez a Galicia co seu décimo álbum, o terceiro en solitario, 'Pram Town'.

O derradeiro concerto desta edición terá lugar o día 23 de maio no Café Moderno de Pontevedra e terá como protagonista a Damien Jurado. O brillante e intenso cantautor de Seattle, un dos líderes da escena pop mundial, presentará en Galicia o seu noveno e último álbum, 'Caught In The Trees', marcado polo seu recente divorcio despois de dezasete anos de convivencia coa súa ex muller.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias