El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

ESPECTÁCULOS

A compañía andaluza Varuma inaugura o ciclo "Circo en escena" no Salón Teatro

03-02-2009 12:41:25

 A fusión do novo circo e o flamenco chega ao Salón Teatro de Santiago da man da compañía andaluza Varuma Teatro, que escenificará o xoves 5 e o venres 6 a peza "Malgama". Con este espectáculo iníciase no escenario que xestiona o Centro Dramático Galego o ciclo "Circo en escena", dentro do que tamén actuarán a compañía portuguesa O Último Momento coa montaxe "Contigo", a galega Maquinaria Pesada que debutará coa estrea de "As vingadoras", e finalmente, os franceses Ieto co espectáculo homónimo, premiado no festival Jeunes Talents Cirque Europe 2008.

Baixo a dirección de Jorge Barroso Bifu, "Malgama" combina a forza do flamenco, a espectacularidade do circo contemporáneo e a sensibilidade da danza e da música en directo. Así as cousas, o espectáculo válese dun modelo artístico de circo onde a técnica está ao servizo da arte e da expresión.

Viaxe iniciática

Malabaristas que rouban os lunares dun traxe de flamenca para xogar con eles e botalos ao compás mentres se desenvolve unha actuación de canto e de baile, unha bailaora coa súa bata de cola suspendida no aire compartindo escenario cun acróbata ou pallasos por peteneras, que segundo a lenda traen mala sorte, son algúns dos números que conforman este espectáculo.

Esta ampla mostra é unha amálgama que xoga co nome da obra e do seu protagonista, Malgama, un personaxe que padece a eterna insatisfacción de non sentirse completo porque lle falta o 'a' do amor e da amizade. Ao longo da obra, acompañamos a Malgama nunha viaxe iniciática na procura do motor que o conduza a evolucionar, do pulo que lle dará sentido á súa vida.

Fundada baixo a dirección de Jorge Barroso Bifu, Varuma Teatro comeza a súa andaina en 1999 dentro do Colectivo Sevillano de Artes Escénicas Pi 3'14. No seus inicios, a formación centra a súa actividade no teatro de rúa, abríndose máis tarde á posibilidade de crear un grupo polivalente onde as disciplinas circenses se puidesen mesturar con actores, bailaríns, acróbatas, danza vertical...

A formación andaluza traballa campos tan diferentes como clown, danza (vertical, contemporánea, clásica), música, malabares, trapecio fixo, corda fixa, monociclo, zancos, Commedia dell'Arte, pantomima, acrobacia... En definitiva, todo o relacionado coas artes escénicas e circenses.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias