El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

CINE

Martin Sheen e Emilio Estevez presentan un proxecto para realizar unha película sobre o Camiño de Santiago

04-02-2009 20:32:34

 O director, actor e guionista Emilio Estévez, acompañado polo seu pai, o coñecido Martin Sheen, con orixes familiares na localidade pontevedresa de Salceda de Caselas, mantiveron unha reunión de traballo con Emilio Pérez Touriño en Madrid, na que lle presentaron un proxecto de película de ficción que tería como eixo argumental o Camiño de Santiago.

O xefe do Goberno galego expresou a súa satisfacción polo proxecto cinematográfico, sobre todo, tendo en conta a proximidade do Ano Santo, que se celebrará en 2010. Así, trasladoulle á Secretaría Xeral de Comunicación, ao Consorcio Audiovisual de Galicia e a través deste á sociedade SempreCinema; que estuden o proxecto, o seu interese e as posibles vías de colaboración.

Tal e como lle transmitiu Emilio Estévez ao presidente da Xunta, o filme estaría protagonizado polo propio Martin Sheen. Así mesmo, explicáronlle que a rodaxe, que está previsto que se desenvolva entre Santiago e a costa galega, comezaría antes do verán.


Presenza do audiovisual galego

O director do filme ofreceu a posibilidade de dar entrada no proxecto a unha participación de SempreCinema, sociedade integrada por CaixaGalicia, o Igape e o Consorcio Audiovisual de Galicia, así como de incorporar ao elenco actores galegos e incluso a algunha produtora privada da comunidade.

Pai e fillo explicáronlle ao presidente da Xunta o seu interese por recuperar e relacionar os dous eixos fundamentais da súa vida: as súas orixes e o cine. Así, o protagonista de 'Apocalypse Now' ou 'El ala oeste de la Casa Blanca' manifestoulle ao máximo mandatario galego o seu interese por saldar unha débeda histórica coa terra do seu pai, pensando no cine como a mellor das posibilidades para materializala.

Neste sentido, Martin Sheen e Emilio Estévez iniciaron xa o estudo documental de todos os aspectos relacionados coa coprodución e distribución, e todos aqueles requisitos necesarios para poder concorrer ás diferentes liñas de apoio existentes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias