El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

MÚSICA

Guru Deva presenta o seu novo traballo en Lugo

05-02-2009 14:08:19

Tras case cinco anos desde o seu debut discográfico, "After all, Rock Indiana", o grupo galego Guru Deva reaparecen na escena musical con "Vago", un traballo que revitaliza o pop nacional con 11 novas cancións e que xa está á venda dende o pasado trece de decembro. Este vernes, a súa xira promocional recalará en Lugo. A cita será na Sala Babel.

Este novo traballo foi grabado na máis absoluta tranquilidade na localidade coruñesa de Cecebre, con producción de Anntonio Astray, "Bummer". Foi masterizado por Saul Patiño.

Guru Deva naceu na Coruña no 2001. En setembro de ese mesmo ano, grabaron a súa primeira demo en colaboración con Xoel lópez, Deluxe. Na súa xira do 2002, presentaron o seu debut en varios festivais con gran éxito. A finais de ano, comezan a grabación do seu disco debut, que finalmente saiu no 2003. Nese ano, acompañarán de xira a Deluxe e obteñen o premio como segundo grupo nacional no prestixioso certame Villa de Bilbao.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias