El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

A mostra "Galicia 25. Unha cultura para un novo século" trasládase a Ferrol

09-02-2009 13:58:18

 A exposición itinerante e interactiva "Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega (1983-2008)" será inagurada este martes en Ferrol. Organizada polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os seus primeiros 25 anos e patrocinada por Caixanova, a mostra viaxará por todas as grandes cidades galegas. A exposición inaugurouse o pasado 1 de outubro en Vigo, e posteriormente puido visitarse en Pontevedra.

Os comisarios de "Galicia 25. Unha cultura para un novo século" son membros do plenario do Consello da Cultura Galega: Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo e Iago Seara. Movéronse máis de 2.000 referencias fotográficas, gráficos, ilustracións varias, e arredor de 25 producións de vídeo e recursos multimedia.

Na mostra, expóñense obras de arte do fondo de Caixanova e de diversas doazóns privadas para ilustrar os diferentes módulos temáticos, maquetas de obras arquitectónicas, audicións musicais... O deseñador é Xosé Díaz, coa coordinación executiva de Gustavo Garrido e Xosé Manuel Lens.

Estructurada baixo as denominacións "Formas e espazos", "Palabras, imaxes e sons" e "Fíos e desafíos", a exposición consta de 25 módulos temáticos que contemplan unha visión plural e interdisciplinar da creación cultural: dende a literatura ao audiovisual, dende a creación plástica ao teatro, mais tamén a ciencia e o coñecemento, as aplicacións industriais, as industrias da comunicación, o lecer, o turismo...





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias