El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

FOTOGRAFÍA

Santiago acolle ata o dez de marzo a XIX edición de "Galicia en Foco"

17-02-2009 19:59:38

A sala de exposicións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle ata o próximo día 10 de marzo a decimonovena edición da mostra "Galicia en Foco", actividade programada pola Delegación de Santiago. A iniciativa de crear esta exposición cada ano corresponde ao Club de Prensa de Ferrol.

As fotografías seleccionadas para a mostra publicáronse ao longo de 2008 nos diferentes medios de comunicación galegos e nacionais. Un total de 91 fotografías de preto de 43 fotorreporteiros recollen diferentes momentos políticos, sociais e culturais de 2008. A fotografía premiada este ano é obra de José Luiz Oubiña e foi realizada con motivo da celebración da rapa das bestas en San Cibrán, en Catoira.

"Galicia en Foco" naceu en Ferrol en 1989 e percorreu unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais do fotoxornalismo galego. É o primeiro movemento fotográfico que se realiza desde Ferrol e que reivindica o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalada en toda a súa dimensión pola numerosa participación de reporteros que cada ano se presentan á convocatoria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias