El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

TURISMO

Máis de cen mil persoas achegáronse a Galicia en Fitur

02-02-2009 15:00:16

O stand institucional de Galiza, instalado pola Consellería de Innovación e Industria a través de TURGALICIA para promocionar de xeito global a oferta turística galega na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2009, foi visitado por máis de 100.000 persoas, entre operadores turísticos, profesionais do sector e público xeral, ao longo dos días 28 de xaneiro e 1 de febreiro.

Galiza acudiu á FITUR cun stand que volveu sorprender polo seu deseño, os seus motivos e as presentacións que se levaron a cabo no mesmo. A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA destacou entre os máis de 170 países e comunidades participantes cun expositor que amosou o mellor da nosa terra. O seu deseño, concibido baixo unha estética de vangarda, recolleu a esencia das liñas de promoción da oferta turística galega, baseadas no estilo de vida, e transmitindo unha imaxe de Galiza evocadora, entrañable, amable e, como sempre, de calidade.

TURGALICIA potenciou o carácter do País galego como destino turístico con personalidade propia buscando xerar unha resposta emocional na mente das persoas que visitaron o espazo. Para iso escolleuse como eixe de comunicación principal do stand unha serie de grandes imaxes con forte atractivo visual que representaron os diferentes produtos e recursos turísticos galegos, combinados con bandas dunha das gamas cromáticas máis representativas de Galiza: a cor azul.

TURGALICIA instalou o seu stand nun espazo de 1.615 metros cadrados no pabellón 9 do Recinto Ferial Juan Carlos I y deu cabida nel, como coexpositores, a outras entidades turísticas de Galiza que promocionaron de forma máis miúda os atractivos e produtos turísticos dos seus respectivos destinos (os concellos de: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; Padroado Provincial de Turismo de Ourense, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Terras de Ulla e Tambre, A Mariña Lucense, Ferrol-Ortegal, Costa da Morte, Arousa Norte, Terras de Pontevedra e O Salnés).
O stand galego, ademáis, foi escenario, durante os tres días de feira dedicados en exclusiva á visita de profesionais, de diversas presentacións turísticas, organizadas tanto por TURGALICIA como polas entidades coexpositores, que serviron como preámbulo dos numerosos contactos comerciais que mantiveron os axentes turísticos galegos cos visitantes da feira. Así, entre as presentacións realizadas, A Coruña aproveitou este evento para promocionar a candidatura da Torre de Hércules para converterse en Patrimonio Cultural da Humanidade; mentres que Turismo de Vigo difundiu os atractivos das Illas Cíes.

FITUR, consolidada xa como unha convocatoria líder no Estado español para o mercado turístico, foi visitada polas máximas autoridades do Goberno galego. O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, presentou a feira o día 28 de xaneiro, acompañado do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias