El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Sociedad

MÚSICA

Caixa Galicia leva "Carmina Burana" e a "Novena Sinfonía de Beethoven" á Coruña

24-03-2009 17:58:30

Este mércores, día 25 de marzo, ás oito e media do serán, no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña terá lugar a actuación da Orquestra Sinfónica e o Coro da Radio Nacional de Ucranía, que interpretarán para o público coruñés 'Carmina Burana', a célebre composición inspirada nunha colección duns 300 cantos dos séculos XII e XIII.

Os poemas, escritos a maioría en latín, incluén cancións de amor, de taberna, sátiras, cancións estudiantís... pero todos constitúen un canto ao amor e aos praceres terranais, rompendo así coa imaxe que tradicionalmente se lle atribúe ao medievo.

O músico alemán Carl Orff compuxo en 1937 esta cantata e desde entón a obra conquistou o favor do público grazas a súa espectacularidade e ao misterio que envolve toda a temática medieval. A súa inclusión en filmes como 'Excalibur' e 'El séptimo sello' incrementaron a popularidade da obra.

No concerto tamén interpretarán a 'Novena Sinfonía de Beethoven', o máis coñecido himno á irmandade universal. A súa estrea, en 1824, espertou gran expectación e ninguén quixo perder a presentación da esperada sinfonía e da que podía ser a última aparición pública do xenio alemán, como así ocorrería, pois nos tres anos seguintes e ata a súa morte, Beethoven permanecería na casa, afectado de diversas enfermidades.

DANZA

A oferta cultural continuará o día 26 de marzo co espectáculo de danza 'Vuelo 6408', unha montaxe composta por catro pezas de catro compañías diferentes que a partir da súa participación no certame coreográfico de Madrid deciden coller o mesmo voo e representar as súas creacións conxuntamente.

'Cuadra-t' de Natxo Montero, 'Se va del Aire' de Janet Novas, 'No intre 1800' de Pisando Ovos e 'Carlos & me' de Sharon Fridman compoñen 'Vuelo 6408', unha oportunidade para ver catro visións coreográficas diferentes gañadoras de diferentes premios entre eles o primeiro e segundo premio e o premio do público do Certamen Coreográfico de Madrid do ano 2007.

COLÓN EN FEMININO

O día 27 de marzo, Paloma San Basilio, voz referencial da música española nos últimos trinta anos, presentará no teatro Colón Caixa Galicia o seu último espectáculo, 'PSB'. A artista madrileña, que pasou parte da súa adolescencia en Lugo, regresa a Galicia cun proxecto co que quere recuperar a intimidade e a proximidade dos seus primeiros recitais, logo da xira de éxito 'Encantados', na que estivo acompañada por Luis Cobos e unha orquestra sinfónica de máis de sesenta músicos.
Este concerto forma parte do ciclo 'O Colón en feminino', que xa levou ata o escenario coruñés as actuacións de Niña Pastori, Pasión Vega e que tamén ofrecerá os concertos de Paloma San Basilio e Diana Navarro.

Por último, pechará a programación do Colón Caixa Galicia do mes de marzo, o día 29, a obra de teatro infantil 'Sueño de una noche de verano', unha obra na que se unen monicreques e actores. Mentres os monicreques entreteñen aos pequenos, os mozos entran de cheo na trama cos personaxes.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias