O músico irlandés Gary Moore estará de xira por España no mes de maio para presentar o seu último disco 'Bad for yo Baby', publicado en setembro do 2008. O seu show poderase ver en Pamplona, Salamanca, Bilbao, Granada, Valencia, Madrid, Barcelona e Compostela. A cita galega co artista será o luns 11 de maio no Multiusos Fontes do Sar.
Gary Moore é un dos músicos de maior proxección das illas británicas. Tocou diversos estilos musicais como o hard rock, o heavy metal ou o blues, pero sempre con igual éxito. Nos seus inicios pertenceu a barias bandas, ata que nos anos 80 decidiu continuar a súa carreira en solitario.
O álbum 'After hours', no que contou coas colaboracións de B.B.King e Albert Collins, colocouno como un dos músicos de blues máis importantes da historia. Outros dos seus discos máis destacados son 'Dark Days in Paradise', 'Back to the Blues' ou 'Close As You Get'.
Os seguidores do artista irlandés xa poden adquirir as localidades para velo en directo no Multiusos Fontes do Sar a través das canles de venda de entradas de Caixa Galicia a un prezo de 30 euros.