Eduardo Alonso acaba de facerse cun premio MAX na categoría de mellor autor
teatral en galego pola obra 'Extrarradios. Comedia de mulleres desamparadas', da
compañía Teatro do Noroeste. Así se deu a coñecer no transcurso da XII gala dos
Premios MAX, na que tanto Animalario como Teatro Lliure foron os grandes
vencedores.
Menos sorte tiveron os galegos Baltasar Patiño, finalista na categoría de
Mellor deseño de iluminación por 'Si, pero no lo soy' e maila compañía Lagarta,
Lagarta; finalista a mellor espectáculo revelación, posto que non acadaron os
seus galardóns.