El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

CONCERTO

A potencia dos suecos "Millencolin" chega á Sala Capitol de Santiago

14-04-2009 17:00:02

O grupo sueco 'Millencolin' ofrecerá a súa "caña" particular o vindeiro venres ás 22.00 horas na Sala Capitol, dentro do ciclo de concertos 'Importa Santiago D.C.'. En palabras da responsable da promotora viguesa 'Sweet Nocturna', Raquel Seijo, a organización do evento leva "moi bo camiño"; xa se esgotaron as entradas en Internet e nos puntos de venda quedan "unhas 150".

'Millencolin' tocará este venres en Galicia por primeira vez dentro do 'Machine 15 European Tour 09'. A súa actuación supón o cuarto concerto do ciclo musical despois de ter acollido a Sala Capitol o rock dos belgas 'dEUS', o gipsy punk de 'Gogol Bordello' e o pop melancólico de 'Tindersticks'. Neste sentido, Raquel Seijo quixo salientar o éxito dos concertos, especialmente o dos mestizos 'Gogol Bordello', que esgotou as entradas.

A finalidade deste ciclo de inverno segundo a productora é traer a Galicia "grupos de referencia dentro de cada estilo". Á hora de seleccionar a programación, os organizadores aproveitan os eventos de España e Portugal para intentar "meter outro punto de referencia dos ciclos de concertos e demostrar que hai público suficiente" para tódolos estilos.

Tanto a empresa promotora como a propia concellería móstranse moi "contentos e ilusionados" co transcorrer de 'Importa Santiago D.C.'. Nesta liña, Baqueiro sinalou a función do departamento municipal de "abaratar os custos que xeran os grupos internacionais".

No eido económico, Raquel Seijo asegurou que "o prezo das entradas en Santiago é o máis baixo". Deste xeito, os pases anticipados custan 20 euros mentres que en taquilla o prezo será de 22 euros. "En Madrid, por exemplo, este mesmo concerto custa uns cinco euros máis", asegurou Seijo.

Como teloneiro estará o grupo americano 'Far From Finished' que ofrecerá un estilo similar ó de 'Millencolin'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias