El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

CINE

A Fundación Caixa Galicia proxecta dúas novas películas do ciclo "Paul Newman"

04-05-2009 18:18:05

Este martes, ás seis da tarde en versión dobrada ao castelán e ás oito e media do serán en versión orixinal subtitulada, a sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago acollerá a proxección dun novo filme do ciclo 'Paul Newman'. Nesta ocasión, exhibirase na sala da Fundación Caixa Galicia o filme 'O gran salto', de Joel Coen, un filme rico en diálogos, rapidísimos e enxeñosos, pero que é aínda máis rico no seu coidadísimo aspecto visual.

Nese sentido, é unha das películas máis brillantes dos Irmáns Coen. Cinta chea de símiles, metáforas, montaxes paralelas e efectos especiais ao servizo da imaxe. Como é habitual nos títulos dos Coen, os personaxes dominan a narración, baseados en prototipos clásicos moldéanse ata converterse en personaxes made in Coen.



'O gran salto' é ante todo un filme falcatrueiro, complexo e cheo de homenaxes e referencias ao cine clásico dos 40 que reversiona con absoluta mestría, ademais de facer un bo número de chiscadelas a clásicos recentes do cine americano, como Capra, Allen, Hawks, Wilder e ata Terry Gilliam.



O argumento transcorre nunha importante empresa. Cando o director se suicida, todos os membros deciden unirse para obter o maior beneficio económico da compañía. Todo o grupo elabora un minucioso plan que consiste en poñer á fronte do consello de dirección a un novo director que se deixe manipular. Todo parece sinxelo ata que entra en escena Amy Archer.



VIGO



Este mesmo ciclo, chegará tamén mañá a Vigo co mesmo horario. A cidade olívica acollerá a procección de 'A lenda do indomable', de Stuart Rosenberg, unha das mellores películas carcerarias. É Paul Newman quen dá corpo ao personaxe de Luke, un heroe de guerra que non encontra o seu lugar tras a volta á casa. O director imprime un ritmo trepidante, encadeando os pequenos sucesos que acontecen naquel barracón.



A acción ten lugar nunha prisión sureña de estrada nos primeiros anos 60. O filme narra a historia de Luke 'Cool Hand' Jackson, heroe condecorado da Segunda Guerra Mundial, con dificultades de adaptación, detido pola policía tras romper, en estado de embriaguez, varios contadores de aparcadoiro.



Condenado a dous anos de traballos forzados, reclúeno na Road Prison 36,e n Florida. A vida no penal é durísima, con compañeiros castigados a penas moito maiores, e a violencia, en presos e carcereiros, un hábito do que ninguén pode prescindir. Luke, veterano de guerra, non está disposto a ceder, pero terá que pagar un prezo pola súa pretensión de seguir sendo el.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias