El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

PINTURA

Santiago acolle a última mostra do artista lugués Antonio Murado

07-05-2009 20:52:06

  A Galería Trinta en Santiago de Compostela acolle até o vindeiro 12 de xuño as obras máis recentes do artista lugués afincado en Nova York Antonio Murado. A inauguración contou coa presenza do artista. O lugués leva xa varios anos colleitando premios e críticas extraordinarias, tanto en España como no estranxeiro.

'Bodegón, paisaxe, retrato', que agora presenta na capital galega, é a continuación natural da súa última gran retrospectiva individual en Galicia, celebrada no Museo Provincial de Lugo en 2006. Nesta anterior exposición, como se dun diario autobiográfico se tratase, 103 lenzos percorrían, en imaxes a modo de instantáneas, as paisaxes emocioanais, as lecturas definitivas e as personaxes máis importantes da vida do pintor.

Agora, dende a reflexión da historia da pintura como terreo de debate sobre si mesma e como medio de comunicación, Antonio Murado coquetea cos tres xéneros tradicionais da arte, como xa indica o nome da mostra, para revisalos coa coherencia do que non ten que cambiar de estilo.

TRAXECTORIA

Nacido dentro dunha familia moi vinculada á arte, Murado iniciou a súa temperá traxectoria expositiva ao tempo que remataba os seus estudos de Belas Artes na Universidade de Salamanca, onde se licenciou en 1988. Dende entón, unha meteórica carreira adornada cos máis prestixiosos galardóns outorgados a novos artistas culmina na concesión da Beca Unión Fenosa, coa que decide trasladarse a Nova York, onde vive e traballa dende 1996.

Arroupado dende un principio por numerosas galerías, tanto en España como nos propios Estados Unidos, é un dos pintores españois da súa xeración que ten acadado maior proxección internacional nos últimos anos.

As súas primeiras obras sitúannos xa ante unha elección determinante que o alonxa da abundancia matérica propia da pintura dos 80, con lienzos intervidos en capas finísimas de pigmentos, sen marxe para a improvisación. O artista asenta o seu discurso nos límites previos á aparición da imaxe física e sempre coa visión fotográfica como compañeira de viaxe.

Obsesionado pola alquimia da pintura, leva ata o extremo as posibilidades dos materiais, forzándoos a comportamentos inesperados, estudando técnicas afíns ao mundo da estampación coas derivadas dunha intensa investigación e búsqueda das capacidades expresivas de barnices, disolventes e resinas, que culminan na trasmutación do defecto en virtude. Así, os craquelados, trasparencias, borrados e repeticións casi obsesivas de marañas, pétalos ou paisaxes xeadas converteron a súa serialidade nun recurso expresivo máis.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias