O Museo Municipal de Lalín acollerá a IX edición da bienal "Pintor Laxeiro", na que participarán 18 artistas galegos co obxectivo de promocionar e achegar ao público o traballo que realizan na actualidade os creadores da nosa comunidade. Antón Lamazares, Luis Caruncho, Juan de la Sola, Morquecho, Armindo Salgueiro ou Olmo Blanco son algúns dos artistas que participarán neste certame, que será inaugurado o vindeiro 23 de maio.
Ata o momento, está confirmada a presenza dos seguintes artistas: Antón Lamazares, Luis Caruncho, Morquecho, Xan Pardiñas, Juan de la Sota, Xulio Maside, Xoti de Luis, Víctor Hugo, Armindo Salgueiro, Olmo Blanco, Fruela Alonso, Marcos Juncal, Emilio Mariño, Lomarti, Belén Pazos, Miguel Calvo, Basilia Fiestra, Helena Rivera Piñol e Manolo Ruibal.