El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

CINE

Este venres póñense á venda 450 entradas para o VI Festival de Cans

14-05-2009 18:12:30

Este venres 15, a partir das nove e media da noite, póñense á venta as 450 entradas que quedan para o VI Festival de Cans, despois de que onte se venderan nunha hora as 150 que se podían mercar a través da súa web .

Agora, quen queira conseguir unha terá que achegarse ao local parroquial de Cans, ubicado á beira da igrexa e facer cola, xa que as entradas entregaranse en rigorosa orde de chegada. Pola experiencia doutros anos, a organización recomenda estar con tempo suficiente para facerse cun ticket. O precio é de 6 euros, non poden reservarse e só se poderán mercar dúas por persoa.

Debido ao pequeno tamaño das salas nas que se proxectan as curtas a concurso, o número de entradas á venda para o Festival de Cans é reducido, pero iso non debe ser un impedimento para achegarse ó festival, xa que a maior parte das actividades que teñen lugar do 20 ó 23 de maio son de acceso libre.

Ademais, a organización do festival vend e comunicar que, por motivos de traballo, Sara Casasnovas non formará parte do xurado do VI Festival de Cans. No seu lugar, estará Cristina Castaño, actriz galega que ten participado en varias series da TVG e que nos últimos anos compaxina o seu traballo no musical 'Fama' coas súas intervencións en series a nivel nacional como 'Herederos' e 'La que se avecina'. Ademáis, Cristina Castaño recibiu hai dous anos o premio á mellor actriz no festival pola súa actuación na curtametraxe 'Sen Chumbo'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias