El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

A Banda Municipal de Santiago ofrecerá un concerto en Bonaval

15-05-2009 18:53:18

A Banda Municipal de Santiago ofrecerá o próximo domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, un concerto que se celebrará no parque de Bonaval, no marco do programa 'Maio das Letras'.

A Festa das Letras comezará as 12.00 horas e estará presidida polo alcalde compostelán Xosé Antonio Sánchez Bugallo. No acto haberá nenos dos colexios La Salle e Apóstolo Santiago que lerán diversos textos literarios.

A Banda Municipal de Santiago deixa o seu escenario habitual do Teatro Principal para sumarse á celebración do Día das Letras. O programa incluirá a sinfonía galega 'Celtia', de E. G. Arroitajauregui; a rapsodia galega 'Follas Novas', de L. Braxe e o pasodrobre 'Ponteareas' de R. Sotullo.

As actividades do 'Maio das Letras' están concibidas pola Concellería de Normalización Lingüística e continuarán ata o día 20 de maio con tres charlas obradoiro de Fran Bueno sobre o cómic. Ademais, ata final de mes na Fundación Gonzalo Torrente Ballester poderase ver unha exposición sobre a represión lingüística en Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias