El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

SANTIAGO

As festas da Ascensión comezan coa actuación de Los Delinqüentes no Campus Sur

19-05-2009 20:36:46

 As festas da Ascensión comezan este mércores 20 en Compostela con máis de 70 actividades que se extenderán ata o próximo 24 de maio. Na Alameda xa están dispostas diversas atraccións de feira, entre as que destaca a gran noria con máis de 60 metros de altura. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro explica que estes cinco días "son unhas festas pensadas para que a xente de todas as idades poidan gozar e vivir a Ascensión de Compostela".

Na xornada do mércores ás 12.00 horas, terá lugar o tradicional disparo das bombas desde a Igrexa de Santa Susana para anunciar o comezo das festa. A partir de entón os cabezudos, charangas e gaiteiros inundarán as rúas da zona vella.

Ás 22.00 horas, a orquestra 'Ciclón' será a encargada de poñer a música na primeira verbena da Ascensión, no paseo central da Alameda. A partir das 23.00 horas no Campus Sur, o dúo andaluz Los Delinqüentes, presenta o seu novo traballo 'Bienvenidos a la época iconoclasta'. Como teloneiros actuarán Liridade Noctámbula, banda gañadora da sección 'Outras músicas', dentro do II certame de MúsicaXove.

Na media noite na praza do Toural, música e compromiso social únense na actuación de Black Ghandhi, agrupación composta por seis artistas especializados no reggae.

O Multiusos Fontes do Sar acolle as noites do venres e o sábado un festival de rock polo que pasarán grupos como Hamlet, Rosendo, Reincidentes, Mago de Oz ou Barón Rojo. As entradas poden adquirirse en Santiago, en A Reixa e Discos Gong; así como noutros puntos da xeografía galega. As entradas para un só día serán de 25 euros -entrada anticipada- e 30 en taquilla, mentres que o bono para os dous días será de 40 euros -entrada anticipada- e 50 en taquilla. Os clientes de Caixa Galicia con tarxeta Netclub terán un desconto do 25%.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias