Coincidindo co décimo aniversario do seu primeiro disco, a gaiteira e cantante Susana Seivane lanza ao mercado o seu cuarto traballo 'Os soños que volven'. Desta vez, a coñecida intérprete galega recrea temas que interpretaba na súa infancia, mais dende unha perspectiva actual.
O disco, que está formado por 14 temas que suman un total de case 70 minutos de duración, será editado polo seu propio selo discográfico, Enavíes Música. A producción artística e arranxos corren a cargo de Susana e a súa banda, que colaborou activamente na producción deste traballo.
Na gravación, tamén estiveron presentes como colaboradores músicos da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas ou Harry Price, entre outros. Neste momento, o disco está en fase de mestura e está previsto que saia á rúa o vindeiro mes de xuño.