El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Cultura apoia cunha campaña de recollida de sinaturas a candidatura da Torre de Hércules

15-06-2009 19:14:21

O sábado 27 de xuño a Unesco decidirá en Sevilla se a Torre de Hércules é declarada Patrimonio da Humanidade e, na recta final, a Xunta volcarase no seu apoio á Candidatura. Ata o próximo sábado 20, instalarase unha carpa cun posto de recollida de firmas nas cidades de Galicia, agás na Coruña, de xeito sucesivo. Aos actos de apertura do stand convidáronse aos alcaldes das diferentes cidades.

A campaña de recollida de sinaturas comezou hoxe en Santiago na Praza do Obradoiro, onde os encargados de abrir o stand foron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo e o director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel.

Mañá martes, a campaña continuará en Ferrol, o mércores en Lugo, o xoves en Ourense, o venres en Pontevedra e o sábado en Vigo. En cada unha das outras cinco cidades serán os Delegados Territoriais da Xunta de Galicia e os alcaldes os que abrirán a xornada de recompilación de sinaturas.

O stand, que está decorado coa imaxe da Torre de Hércules presidindo unha montaxe de fotografías cos monumentos máis emblemáticos de cada unha das cidades nas que se vaia instalando, permanecerá aberto durante todo o día. Dende as dez da mañá até as nove da noite, todos aqueles que desexen amosar o seu apoio para dar un último pulo á candidatura poderán facelo achegándose ao posto situado en puntos centrais de cada unha das cidades.

PROMOCIÓN NA PRENSA

Unha campaña promocional nos medios acompañará esta iniciativa para informar a través da prensa local aos cidadáns do punto exacto da cidade onde se pode acudir a asinar en favor desta declaración. Deste xeito, as cidades de Galicia teñen a oportunidade de amosar o seu apoio a esta candidatura que contribúe a proxectar a imaxe turística e cultural da Coruña.

Todas as sinaturas serán entregadas ao alcalde da cidade herculina de mans do Goberno Autonómico e unha segunda copia das sinaturas será entregada simbólicamente en Sevilla polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias