El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Touriño: "Non nos deu tempo a cambiar o modelo de loita contra o lume"

Asegura que está disposto a someterse ó control parlamentario e admite que puido haber fallos

18-08-2006

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, reúnese hoxe cos alcaldes na primeira rolda de xuntanzas para facer balance e o luns terá preparadas as directrices que desde a Xunta se queren incluir no decreto lei especial que o Goberno aprobará o día 25 con axudas para os afectados, unha batería de medidas de apoio que, aínda que Touriño non quere adiantar, terán, segundo el, as características das aprobadas en situacións anteriores de carácter similar. Polo que parece, os galegos terán axudas parecidas ás que se lles outorgaron aos afectados polos incendios de Guadalajara en xullo do ano pasado. O de quedar sen vacacións teno asumido "con razonable tranquilidade" como algo inherente ao cargo. "Cando un asume a responsabilidade de gobernar ten que saber que iso é un exercicio permanente". Para el, compartir os momentos de tensión que se viviron os pasados días cos galegos "une moito e dá máis forzas". Di que a "rede de solidaridad" que viu estes días entre os galegos e todos os efectivos chegados doutros puntos de España lle dá "gasolina... gasolina non, que non é a palabra máis axeitada, pero dános ánimos e alento para seguir traballando". -¿Cal é o momento que lle quedou gravado coma o peor dos dez días de crise incendiaria? -O peor momento foi sen dúbida o primeiro día, a raíz do falecemento das dúas persoas. Nunha crise sempre é inevitable que os momentos máis dramáticos sexan os que quedan gravados de xeito indeleble. E logo a preocupación dos días 6 e 7, cando o lume ía crecendo exponencialmente e de forma absolutamente inusual e singular. -Durante estes días recibiu públicamente o recoñecemento do vicepresidente, pero non hai que esquecer que neste tema as competencias son compartidas pola Consellería de Medio Rural e a de Presidencia e houbo algúns momentos de confusión, ¿son inevitables este tipo de cousas nun goberno bicolor? -Sinceramente, teño unha visión radicalmente diferente. En todo momento estiveron ben especificadas as tarefas que cada un tiña que asumir. O Goberno é un só Goberno cun só presidente e neste caso se cabe, en situación de crise, con moita máis claridade. Dito isto, e aínda que non é normal que un presidente da Xunta faga recoñecementos aos seus conselleiros, pero en honor á verdade teño que dicir que tanto Suárez Canal como Méndez Romeu estiveron traballando con moita determinación e responsabilidade. -Unha vez apagados os lumes chega o momento de pedir responsabilidades políticas, ¿está preparado para afrontar unha posible moción de censura? -Estou disposto a someterme ao control parlamentario ao nivel que sexa preciso. E estou tranquilo porque penso que se traballou, aínda que seguro que con fallos, sempre con responsabilidade e dando a cara ante a cidadanía. A partir de aí, a oposición que faga o seu traballo, que por certo eu non vou entrar a valorar. -Fala vostede de fallos, ¿deulle xa tempo a identificar algún? -Sí. En calquera sistema nunha situación de crise hai sempre cousas que poden mellorarse. Independentemente de que penso que todo se xestionou razonablemente ben, temos que revisar moitas cousas entre todos. O primeiro que hai que facer é unha reflexión de fondo sobre o abandono do monte. Temos un serio problema de desagrarización por darlle as costas ao monte. Logo está o tema do urbanismo, claramente marcado pola dispersión e que cada vez que hai unha crise pasa factura porque é insostible en termos de seguridad, non só ante incendios, senón tamén ante o tráfico. E, no referente ao esquema operativo de loita contra o lume, diga o que diga o PP, estamos traballando co construido neste país durante os quince anos anteriores. A crise destes días puxo de manifesto algunhas deficiencias que temos que pasar a analizar. Os lumes destes días deixaron constancia de que é necesario un sistema integrado de emerxencias e un operativo máis profesionalizado. Por último, temos que revisar os sistemas de vixilancia e de prevención. Está claro que hai unha clara intencionalidade incendiaria e hai que mellorar os mecanismos disuasorios. -Sobre o modelo de loita contra o lume, ¿por que, se é certo que o que lle deixaron non funciona, non aproveitaron este ano de Goberno para cambialo? -Porque non deu tempo. O señor Zapatero considerou procedente no ámbito de España crear un grupo de élite para situacións de emerxencia que aínda non existe e que se conta que funcione ao 70 por cento o ano que ven. E dicir, que como mínimo no ámbito de España se tardan tres anos en crear este grupo de intervención profesionalizado, eficaz e ben dotado. Nun ano de goberno non é posible ter acometido esa tarefa. Neste momento temos que ver onde falla o sistema, onde pode ser mellorado, onde se poden introducir máis recursos, onde pode ter maior grao de profesionalización e cómo se poden integrar mellor todos os equipos que interveñen nun sistema xeral de emerxencias. Agora é o momento para facelo. -Deu vostede por pechada a crise, pero o certo é que a experiencia di que o peor das campañas de incendios empezou hai dous días e dura aínda un mes, ¿hai ou estase traballando nun plan de emerxencia ante posibles situacións similares no que queda de verán coa experiencia adquirida estes días? -Si, sen dúbida. Eu dixen que daba por pechada a crise destes dez días, pero tamén dixen que non podemos baixar a guardia e por iso imos manter vivo o operativo. Hai un operativo de control das zonas máis vulnerables que vai continuar ata, como mínimo, o quince de setembro, e teremos o sistema de extinción preparado que estará listo para incorporar máis medios de maneira inmediata se chega a ser necesario. -Unha vez contabilizadas as hectáreas calcinadas chegou o momento de avaliar as perdas, ¿ten xa vostede algún dato preliminar dos sectores máis afectados? -Aínda é un pouco pronto. Acabamos de saber o número de hectáreas, pese a que volveremos a facer outra medición máis adiante para aquilatar. Está claro que hai unha preocupación pola erosión do solo e o dano sobre a biodiversidade, sobre sectores económicos coma o turismo e a hostelería e sobre a reposición de servizos xerais que quedaron afectados. Entramos agora na fase de avaliación e hai marxe para facelo. Temos que contar coa participación dos concellos, cos que me reunirei precisamente hoxe venres, logo vou citar á Fegamp e a continuación, xa a nivel provincial, vai haber xuntanzas das dúas consellerías, Medio Rural e Presidencia, para ir facendo unha análise concertada cos concellos para ir detectando todo o que teña que ser corrixido. -Na reunión que vai ter cos alcaldes moitos deles lle van transmitir a súa intención de pedir a declaración de zona catastrófica para os seus concellos, ¿vai cumprir a Xunta un papel de intermediación co Estado? -O obxectivo desta xuntanza e de todas as que acabo de describir é recabar información para poder trasladarlle ó Goberno central, ó longo desta semana e antes do Consello de Ministros do día 25 de agosto, o plantexamento que queremos facer de cara á aprobación dun decreto lei especial que poida recoller o fundamental das nosas propostas e das nosas reclamacións. Estamos traballando xa coa Vicepresidencia do Goberno do Estado para que entre hoxe e o luns quede pechado o traslado a Madrid do plantexamento desde Galicia de como debe ser ese decreto lei. Xunto con eso estamos comezando a definir as medidas complementarias da Xunta en relación a axudas para os sectores económicos afectados, a reposición de servicios, etc. -¿Cales son os eixos fundamentais dese decreto lei que vai aprobar o Goberno? -Imos agardar ao venres da semana que vén. Está en plena preparación e non o vou adiantar, pero o esquelete básico está inspirando en anteriores situacións de crise por incendios potentes. -Con respecto as axudas que vai aprobar a Xunta pola súa conta, onte coñecíanse as que se van destinar ao sector turístico, ¿que máis sectores van recibir axudas directas? -A Xunta de Galicia aínda non tomou ningunha decisión. Tomaraa no próximo Consello do día 24. Polo tanto, non hai ningunha medida por parte de ningúen na Xunta de Galicia. -Pero saberá que o conselleiro de Innovación vén de anunciar esas axudas... -Si, pero decidiraas a Xunta de Galicia o próximo xoves. -¿Algún outro sector de actividade que se prevea apoiar? -O próximo xoves o Consello da Xunta decidirá o que teña que decidir. -Ademais dese decreto lei especial, ¿vai ter esta crise consecuencias a nivel lexislativo? -Sen dúbida ningunha. Aí está a necesidade de revisar a fondo todo o que ten que ver co sistema de emerxencias e coa política forestal. Temos que ser capaces de ter un borrador dunha lei de emerxencias de Galicia neste periodo de sesións que comeza, no que se recolla toda a experienciapara poñer en marcha un sistema que se defina por lei. Polo que respecta á política forestal, haberá que tomar medidas que poderán estar incluidas na lei sobre mobilidade de terras, do banco de terras, ou poden requerir un tratamento legal específico. Teremos que abordar dunha vez os perímetros de protección das zonas habitadas de Galicia e teremos que redefinir a utilización dos cultivos e do bosque. Pode ser a través dunha lei propia ou a través de medidas no marco da lei de mobilidade de terras. Unha das primeiras cousas que quedou clara cando comezou a ola de incendios foi que por lei quedaba bloqueada durante trinta anos a recalificación de calquera terreo queimado, pero feita a lei, feita a trampa, ¿como evitar que se queime para que non se constrúa? -E un argumento bastante alambicado pensar que pode haber intencionalidade para evitar a urbanización. Sinceramente non creo que ocurra. Ao lado da reordenación territorial, ¿proxéctase tamén a reordenación forestal desde o punto de vista de regular que se pranta e onde se pranta? -Sen dúbida. Este é un dos grandes temas que hai que desenvolver. Cando se acometa a reforestación hai que pensar moi ben se se fai arborado continuo ou discontinuo e que tipo de especies son as máis adecuadas, e estes criterios deben ser incorporados de maneira inmediata á política forestal. -Un dos grandes problemas que se produciron durante a crise incendiaria foi o corte das comunicacións e, máis concretamente, da arteria principal da costa atlántica, a AP-9, que finalmente tivo que renunciar á peaxe durante varios días. ¿Vai recibir Audasa compensacións por eses días que estivo sen ingresar o importe das taxas de circulación? -A decisión de suspender a peaxe tomouse porque foi para nós unha prioridade salvaguardar a circulación na arteria principal do país e por iso lle pedimos á Delegación do Goberno, que é quen ten a autoridade, que tramitase esa medida. Quen agora teña que pagar iso, se hai que pagalo, non é un problema que asuma a Xunta de Galicia. Iso quedará pendente dunha discusión entre o Ministerio de Fomento e Audasa. Espero que non teña que haber compensacións, que sexa asumido pola propia empresa concesionaria e que non o cargue sobre os contribuíntes. Dito isto, o tema da autopista é unha proba máis de como estamos aquí. -Porque non estaba limpa. -Claro, porque as árbores chegan ata o pé do vial. Pero creo que é fácil de entender, e con esto non quero entrar no terreo da crítica, que esas árbores que están a pé de autopista non foron prantadas hai seis meses, levan aí uns cantos anos. -Si, pero a responsabilidade de manter limpos os marxes da autopista é responsabilidade da concesionaria e alguén terá que asumir á súa vez a responsabilidade de que iso se cumpra. Estes días quedou demostrado que non foi así. -Efectivamente. Este é un dos casos nos que se demostra que hai unha convivencia insufrible entre as árbores e os servizos xerais e, polo tanto, temos que controlar esa situación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




NOTICIAS RELACIONADAS