El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ARTE

Caixa Galicia enche de obras de artistas galegos 57 das súas sucursais no Camiño Francés

10-05-2010 20:29:16

Un total de 57 oficinas de Caixa Galicia situadas no itinerario do Camiño de Santiago, dende Pamplona ata Compostela, exhiben durante este Ano Santo obras de 57 artistas contemporáneos, a meirande parte galegos, co obxectivo de promocionar a arte galega durante o Xacobeo 2010.

A orixinal exposición exhibe un total de 166 obras de arte, entre escultura, pintura e fotografía, nun percorrido que inclúe 21 localidades españolas e que conclúe na sede central de Caixa Galicia en Compostela. Así, 'A pé de arte' percorre municipios como Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, Pedafrita do Cebreiro, Triacastela, Sarria, Palas de Rei, Melide ou Arzúa, entre outros.

As oficinas de Caixa Galicia exhibirán obras de recoñecidos artistas, como Acisclo Manzano, Alfonso Abelenda, Jaime Quessada, Álvaro de la Vega, Alfonso Costa, Víctor López-Rua ou Ramón Conde ás que se unen outras obras de autores máis noveis como Hector Francesch, Tono ou Camilo Seira, entre moitos outros.

En total, poderán verse nas oficinas de Caixa Galicia ao longo do Camiño de Santiago 123 cadros, 38 esculturas e 5 fotografías, é dicir, 166 pezas de arte contemporánea que Caixa Galicia quere poñer ao alcance de todos os seus clientes e de todos aqueles que entren nunha oficina durante este ano Xacobeo.

A entidade tamén desenvolveu unha páxina web na que poden verse algúns exemplos das obras que estarán en cada oficina. Asemade, co obxectivo de promocionar este proxecto, Caixa Galicia encherá de folletos e carteis a ruta xacobea.

PRESENTACIÓN EN SANTIAGO

Durante a presentación da iniciativa, celebrada esta mañá en Santiago, o director On Caixa Galicia, José Venegas, subliñou a súa intención de converter as oficinas de Caixa Galicia nun "espacio cultural donde admirar obras significativas de artistas gallegos", así como ofrecer aos peregrinos a oportunidade de "hacer camino de una forma distinta".

O director de Acción Social da caixa, José Manuel García, destacou as "potencialidades" do Camiño de Santiago para unha exposición destaa envergadura, xa que é un espazo "absolutamente internacional". Neste mesmo senso, incidiu en que a arte exposta nesta mostra é a "que se está haciendo hoy en día, fresco, contemporáneo, actual"; ademais da arte que "nos define como pueblo".

Por último, un dos artistas que cedeu a súa obra, Acisclo Manzano, asegurou que esta era unha "boa oportunidade para que nos coñezan fóra", xa que "non facemos pinturas para os que pintan, nin esculturas para os que fan esculturas".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias