El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo

Miles de manifestantes piden en Santiago la retirada del decreto del plurilingüismo en la enseñanza

17-05-2010 22:40:04

 Milleiros de persoas, a título individual ou representando aos máis de 700 colectivos que aglutinan a plataforma Queremos galego saíron onte ás rúas de Santiago de Compostela para reclamar a "retirada do decretazo xa", en referencia á normativa deseñada pola Xunta de Galicia para regular o uso dos idiomas nos centros educativos.

A xornada de conmemoración das letras galegas tornouse nunha numerosa protesta que foi encabezada por unha consigna: 'O galego, a forza do noso amor', polo autor ao que se lle adicou este ano o 17 de Maio, Uxío Novoneyra.



Decenas de pancartas con lemas tales como "paremos o decretazo", "en defensa da lingua galega" ou "se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma" percorreron as rúas de Compostela dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro, que quedou pequena para albergar a todos os asistentes. A organización falou de 100.000 asistentes, mentres outras fontes consultadas sitúan en 25.000 o aforo desta praza. Cabe destacar que o entorno da Catedral estaba ateigada tamén de manifestantes.



Houbo lectura dun manifesto no que se culpou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "incumprir de forma incívica o mandato estatutario" de defender e promover e lingua con este "decretazo contra o galego". Tamén quixeron trasladar ao Goberno galego que "gañar eleccións non significa poder exercer o poder de forma abosluta".



Pero á marxe disto, predominou o ambiente festivo tanto na marcha -con gaitas e tambores- como no punto final da mesma, onde diversos actores e artistas cantaron (Uxía Senlle ou Xosé Lois González 'O Carrabouxo') para animar ao persoal ata que se fora enchendo a praza.Nese periodo, algúns como Carlos Blanco optaron, incluso, por recurrir ao trilingüismo para falar aos peregrinos que se atopaban no entorno. En galego, inglés e castelán, díxolle que os presentes non eran máis que galegos manifestándose para defender o idioma.



Pediu "misas en galego na Catedral" e incluso tamén "unha en alemán". Quico Cadaval dirixiuse a Feijóo para dicirlle que "tivo o apoio de moitísimos galegos", polo que o instou a "non contentar só á ultradereita".



Neste Día das Letras Galegas, por primera vez, BNG e PSdeG acudiron ao mesmo evento. Así, bandeiras dos nacionalistas e dos socialistas deixáronse ver nun escenario compartido, aínda que a estratexia de adianto de colectivos coma Galiza Nova (atallaron en lugar de facer todo o percorrido) retrasou un pouco a chegada do PSdeG ao Obradoiro.



En todo caso, os dous Vázquez deixaron claros os seus posicionamentos nesta convocatoria. O líder do PSdeG, Manuel Vázquez, explicou que o apoio dos socialistas é «coa sociedade galega", recrimou a Feijóo -asegurou que o PP está "illado" neste asunto- que faga caso "aos sectores máis antigaleguistas" e ameazou con "chegar a tomar medidas legais" no caso de que a Xunta non recúe e siga adiante con este decreto, "anticonstitucional".



O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, pola súa banda, opina que "a nosa misión non é xudicializar os asuntos políticos" e reiterou a reivindicación dos nacionalistas de que a Xunta "debe retirar o decreto do ensino dunha vez por todas", porque responde a unha política lingüística de "ataque frontal ao idioma".



Ambos concordaron na demanda da retirada co voceiro da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, quen nunha extensa intervención reiterou unha e outra vez a necesidade de promover o galego máis alá de "ideoloxías" e quen asegurou que un 20% dos rapaces de 14 a 19 anos son "analfabetos funcionais en galego".



As reaccións do PPdeG á manifestación non se fixeron esperar. Asegura que respecta a todos os manifestantes, pero indica que socialistas e nacionalistas só lograron convocar ao 1% dos seus votantes nos comicios autonómicos "en favor de impoñer o galego". O resto, interpretan, están "dacordo coas tesis" da Xunta e contra "a dictadura lingüística".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias