El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García

GAIÁS

Máis de 5.000 persoas visitaron as obras da Cidade da Cultura en tres meses

25-06-2010 14:04:37

Máis de 5.000 persoas visitaron as obras da Cidade da Cultura en tres meses. A inmensa maioría de visitantes valoran a infraestrutura como un proxecto positivo, tal e como demostra a primeira enquisa realizada, que contou coa colaboración do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.

Nesta sondaxe, elaborada a partir de 1.500 enquisas, tres de cada catro persoas considéraa “boa” ou “moi boa”, observándose que a opinión mellora de xeito considerable despois de visitar as obras. Ademais, o 84 por cento declara ter a intención de volver visitala no futuro. A enquisa confirma tamén o interese que a Cidade da Cultura suscita entre a mocidade, entre a poboación con estudos universitarios e, de maneira especial, entre os veciños de Santiago.

Co obxectivo de enriquecer este programa, a partir do próximo mes de xullo, poñerase en marcha en colaboración co festival Via Stellae un novo tipo de visitas: 'Atardeceres de verán. Concertos Express', que ofrecerá un breve programa musical ao final do percorrido.

De igual modo, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación USC Deportiva colaborarán para ofrecer aos afeccionados ao sendeirismo o 'Roteiro ao Monte Gaiás', unha ruta que os levará camiñando desde Santiago ata a Cidade da Cultura de Galicia.

Respecto á valoración da Cidade da Cultura de Galicia, antes de realizar a visita, o 60 por cento de visitantes xa tiñan unha opinión positiva sobre a Cidade da Cultura de Galicia. Nunha escala do 1 ao 10, a valoración era de 6,2. Unha vez realizada a visita, a porcentaxe de persoas que a valoran positivamente sobe ata o 76 por cento e a valoración do proxecto chega ao 7. Existe un 25% de visitantes que melloran a súa opinión, unha vez visitadas as obras, o que supón un estímulo para continuar co Programa de Visitas Guiadas ás Obras 2010. O 85 por cento das persoas que participaron na visita afirmaron que tiñan a intención de volver á Cidade da Cultura.

O 56% de visitantes son mulleres e o 43,7% homes. Esta proporción mantense con variacións mínimas tanto nas visitas de público xeral como nas visitas de grupo. No grupo de visitas de público xeral, obsérvase un maior número de persoas nos tramos de idade inferiores. A metade ten menos de 34 años.

Nas visitas en grupo destacan dous tramos de idade. Por unha banda, os menores de idade, 41,7 por cento, e os maiores de 55 años, que representan o 35,3 por cento. O 83,5 por cento de visitantes son galegos: un 36,3 por cento residen en Santiago e un 47,3 por cento noutro punto da comunidade. O 64,5 por cento de visitantes teñen estudos superiores. No caso das visitas de público xeral esta porcentaxe ascende a 71,8 por cento; nas de grupo é dun 40 por cento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias