El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García

BNG

Vázquez considera a Feijóo “un tapón” para avanzar no autogoberno de Galicia e na loita conta o paro

14-10-2010 19:01:33

 Vázquez (BNG) considera a Feijóo “un tapón” para avanzar no autogoberno de Galicia e na loita conta o paro

O voceiro nacional do BNG, que esta mañá participou nun almorzo organizado por Fórum Europa no que estivo acompañado do candidato municipal do BNG en A Coruña, Xosé Manuel Carril, indicou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, supón “un tapón” para que Galicia avance no autogoberno e na loita contra o paro, polo que “lonxe de ser parte da solución é parte do problema”.

Guillerme Vázquez criticou na súa intervención o fracaso das medidas adoptadas nos últimos meses polos gobernos nacional e autonómico e emprazou á Xunta a “empezar a exercer como tal” e a levar a cabo acción concretas para paliar os efectos da crise en Galicia.

Neste senso, sinalou que o Goberno central "adopta medidas erradas, cando non contrarias aos intereses de Galicia, mentres que o Goberno galego simplemente non adopta ningunha ou, cando menos, ningunha eficaz". "É público que non compartimos as medidas adoptadas polo señor Zapatero para atallar a crise. É notorio que non compartimos a pasividade e a impotencia do señor Feijóo fronte a mesma”, engadiu.

Namentres, denunciou, Galicia padece “síntomas evidentes de enfermidade" que, segundo Vázquez, requiren dunha actuación política que os atalle; dunha corrección a fondo.

Guillerme Vázquez sinalou que a Xunta parece fiar a recuperación e o incremento do PIB ao Xacobeo e á visita papal, o que evidencia, según él, a carencia de proposta seria algunha en materia económica. Asimesmo, o voceiro nacional do BNG considerou que o actual marco estatutario “é insuficiente para tomar decisións con autonomía real” e incidiu no feito de que as “limitadas capacidades de autogoberno” están a impedir a Galicia alcanzar mellores niveis de desenvolvemento.

Non obstante, apuntou que o PPdeG é contrario a reformar o marco estatutario, polo que Vázquez preguntou ao presidente da Xunta que, se dispón de suficientes competencias, a qué espera para facer uso delas e resolver os problemas da xente. Confiou en convencerlles de que no momento actual precísase máis ca nunca unha maior capacidade de autogoberno, para o que invitou aos populares a “perderlle o medo” á proposta dun novo Estatuto de Nación presentada o pasado mes de setembro polo BNG no Parlamento.

Tamén criticou neste senso ao Goberno central, ao que acusou de ter medo de ceder soberanía a Galicia cando, por outra banda, esta a ceder soberanía a entes supraestatais en materia monetaria ou militar. Para Guillerme Vázquez a política ha de mandar sobre os mercados financeiros. “Estamos nun momento de deterioro da democracia e, se seguimos pola vía da desregulación financeira, irá de mal en peor”.

Segundo o líder nacionalista, a solución á crise pasaría por poñer regras e control público aos mercados financeiros internacionais, por modificar o sistema fiscal baixo o principio de que pague quen máis ten, por garantir crédito ás empresas e por recortar gastos improductivos, como o gasto militar, as deputacións,ou os ministerios con competencias transferidas ás comunidades autónomas.

Pola contra, calificou de erro a adopción por parte do Estado de medidas “socialmente inxustas e ineficientes”, como conxelar as pensións e, ao tempo, subir o prezo de productos básicos como a luz ou o gas, ao tempo que lle lembrou que “con máis paro e menos salarios a economía sempre se estanca”.

CAJAS

Respecto ao proceso de fusión das caixas galegas, o voceiro nacionalista afirmou defender o modelo de caixas e que o aforro galego sirva para potenciar a economía do noso país.

Non obstante, denunciou a existencia de poderes decididos a acabar co modelo de caixas e indicou que “non está ganada a batalla. Hay unha LORCA que prevé o que prevé e á que nós nos opoñeremos”.

TOPÓNIMO

Guillerme Vázquez, aproveitando a súa presenza en A Coruña, quixo lamentar a “incansable” política do PP local co topónimo e suxeriulles que, en lugar de gastar folgos na modificación do topónimo, fagan propostas para a cidade. “Non se lle fai ningún favor a Galicia atacando á súa lingua e á súa identidade”, engadiu.

Neste senso, sinalou que o que fan no PP co topónimo da Coruña “non o fan nin os do Tea Party con Los Ángeles, en Estados Unidos”. Mentres, eles “L que L”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias