El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo

MEDIO AMBIENTE

Los miembros de un proyecto europeo sobre formación en medio ambiente visitan Sogama

17-11-2010 13:50:53

 Un grupo de participantes nun proxecto europeo sobre formación en materia de medio ambiente e enerxías renovables, integrado por responsables políticos, técnicos e expertos no sector procedentes na súa maior parte das provincias italianas de Siena e Grosseto, realizaron unha visita ás instalacións de Sogama en Cerceda atraídos pola xestión desta entidade pública, que logrou compatibilizar o tratamento sostible dos residuos urbanos e a produción de enerxía limpa a partir da fracción non reciclable dos mesmos.

Guiados polo equipo de educadores ao servizo da Sociedade, o colectivo, que mantivo un encontro co presidente de Sogama, Luis Lamas, realizou un percorrido polas distintas plantas que conforman o Complexo Medioambiental, comprobando as sucesivas etapas polas que debe pasar o lixo para que sexa tratado conforme ás súas características, posibilitando a reciclaxe dos materiais susceptibles de ser reciclados e recuperando enerxeticamente o resto ou, o que é o mesmo, poñendo en valor, a través da súa transformación en enerxía eléctrica, a parte non reciclable por outras vías.

Cofinanciado polo Fondo Social Europeo, este proxecto, que leva por nome "RinnovAmbiente", persegue un intercambio de coñecementos e experiencias sobre políticas enerxéticas e ambientais, toda vez que ambas as dúas estanse a converter no eixe central do debate sobre o futuro do Planeta. O esgotamento das reservas de petróleo e a preocupación polo cambio climático e as súas consecuencias sobre a Humanidade, constitúen fenómenos aos que, en primeira instancia, débese dar resposta a través do aforro e a eficiencia enerxética, así como a promoción das enerxías renovables. É por iso que esta iniciativa, da que forma parte a Deputación de A Coruña, pretende instaurar un conxunto de actividades de información e formación dirixidas a difundir unha nova cultura enerxética europea, nacional e local, empezando polo desenvolvemento e a obtención de novidosas técnicas e formas de produción que combinen a xeración e uso da enerxía coa preservación do contorno.

Neste escenario, o obxectivo primordial dos estudos realizados focalízase cara a promoción de accións formativas dirixidas a diferentes grupos sociais (expertos, técnicos, compañías vinculadas á produción enerxética, usuarios, políticos, xestores, institucións, centros educativos, etc), deseñando o marco axeitado que permita pechar, dunha forma sostible e duradeira, a cadea de produción e consumo. Para isto contémplase a creación de 8 grupos de traballo, constituídos por, alomenos, 6 participantes, que en todo caso deben ser representantes das provincias italianas de Siena e Grosseto, así como dos socios técnicos e transnacionais, os cales achegarán expertos na materia dos seus propios territorios.

A través destes colectivos preténdese analizar e avaliar as boas prácticas ambientais e o Know How, mellorando o coñecemento para a creación dunha rede europea educativa no campo da enerxía.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias