Sociedad
05-01-2007
A Fundación Barrié de la Maza exporá, na súa sede en Vigo a partires do vindeiro 15 de xaneiro, a obra que baixo o título "Casas Doentes" aporta unha serie de imaxes sobre as vivendas do rural e o urbano que remataron sendo ruinas ou que amosan un aspecto deteriorado.
A obra do fotógrafo galego Manuel Sendón aporta deste xeito un percorrido pola xeografía galega no que explora as posibilidades estéticas e comunicativas das imaxes de casas en ruinas, deterioradas ou sen rematar. A Consellería de Vivenda e Solo editou un catálogo desta exposición, mentres a Fundación Pedro Barrié de la Maza ten organizado unha serie de actividades que complementan a mostra.
Deste xeito, o arquitecto galego César Portela dirixe un ciclo de conferencias. Tamén se celebrarán obradoiros didácticos para escolares e visitas comentadas para adultos. A mostra inaugúrase o 15 de xaneiro e permanecerá nesta sala de exposición ata o 1 de abril.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias