El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O BNG propón ó Goberno que promova a fabricación de bonecas que falen en galego

Cre que os xoguetes poden contribuir á normalización lingüística

05-01-2007

Contribuir á normalización lingüística a través da galeguización dos xoguetes é unha das propostas que fai o portavoz de Lingua do Grupo Parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, ó Goberno. Nesta liña, o deputado ven de rexistrar unha iniciativa na que demanda unha resposta escrita sobre as iniciativas que porá en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística neste eido. Lobeira sostén que os xoguetes son importantes no desenvolvemento dos cativos, polo que tamén poden contribuir á normalización lingüística entre os nenos que, sobre todo no caso das cidades, "viven en contextos nos que a nosa lingua está prácticamente excluida". O respecto, o deputado aludiu á posibilidade de que se creen bonecas faladoras que empreguen o galego, e que se extenda un modelo xa existente en Cataluña, que conta con bonecas que falan en catalán. Do mesmo xeito, propón que se oferten como agasallos vídeos e DVDs cunha dobraxe e subtítulos en galego. Trátase, a ollos do nacionalista, dunha "oportunidade para gañar espazos para a normalización da nosa lingua nun sector como o da infancia, tan necesitado de iniciativas destas características".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias