Sociedad
08-01-2007
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, presidirá mañá no Conservatorio Profesional de Música de Santiago o acto de entrega de premios aos estudantes galardoados no Concurso Hipanoamericano de Ortografía; e nos premios extraordinarios de bacharelato e Formación Profesional. En total, serán 40 os alumnos e alumnas que recibirán o seu recoñecemento académico de mans da máxima responsable do departamento educativo galego.
Durante o acto, Laura Sánchez Piñón felicitará á primeira e segunda clasificadas na fase autonómica do VII Concurso Hipanoamericano de Ortografía. Este certame premia o coñecemento nesta área a través dunha serie de propostas de palabras cun nivel progresivo de dificultade.
En canto aos premios extraordinarios de bacharelato, recollerán os seus galardóns os 21 estudantes que demostraron un maior dominio nunhas probas celebradas o pasado setembro que valoraron a súa capacidade de crítica e análise; o coñecemento de linguas estranxeiras; e o desenvolvemento de temas e exercicios prácticos de dúas das materias cursadas neste nivel.
Cada premio conta cunha dotación de 600 euros. Para poderen optar a esta convocatoria, os estudantes tiveron que acadar unha media académica durante os dous cursos igual ou superior a 8,75 puntos.
Por último, 17 alumnos recollerán os seus premios extraordinarios de Formación Profesional, que valoran a nota media acadada no ciclo de formación profesional co que optaron ao premio; a nota media da proba ou dos estudos que lle permitiron o acceso a este ciclo; e outros méritos relacionados co título profesional.
Cada un destes premios está dotado con 500 euros. Os galardoados tiveron que demostrar, no momento da presentación da súas solicitudes, unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,5 puntos, así como teren rematados os estudos de Formación Profesional específica de grao superior no ano 2005 nun centro docente da comunidade.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias