El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Educación analiza cos grupos parlamentarios un novo decreto do ensino en galego

12-01-2007

A Consellería de Educación analiza cos grupos parlamentarios un novo decreto do ensino en galego. Así o indicou a titular de dito departamento autonómico, Laura Sánchez Piñón, nun encontro co secretario xeral de CC.OO. de Galicia, Xan María Castro, e coa responsable da Federación de Ensino do Sindicato, Rosario Alonso. Sánchez Piñón destacou tamén no decurso da xuntanza o labor desenvolvido na educación infantil, co aumento do profesorado de aopio no curso pasado, e a intención de seguir introducindo melloras nesta etapa educativa. Outro dos aspectos que centrou a reunión foi o desenvolvemento da Lei Orgánica de Educación na comunidade autónoma, abordándose asuntos como o decreto de admisión de alumnos, a elección dos directores dos centros de ensino e o deseño de novos currículos, así como a normativa de comedores escolares. Pola súa parte, a secretaria xeral da Federación do Ensino de CC.OO. Galicia apuntou a necesidade dun reforzo da etapa infantil, "porque é aí onde arranca a educación da sociedade galega", dixo. Rosario Alonso sinalou que durante esta reunión tamén lle trasladaron á conselleira a conveniencia dun pacto social pola educación, de cara a mejorar as distintas etapas educativas e as condicións laborais dos traballadores.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias