El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

Gracias o Plan de Banda Larga da Xunta

Galicia contara a principios de 2.014 con cobertura universal de Internet

06-06-2013 13:48:37

No 2013 o Plan de Banda Larga da Xunta continuará os despregamentos de redes fixas e sen fíos que permitirán superar o 97% de poboación con cobertura de internet e chegar ao 3% restante, que habita nas zonas máis illadas de Galicia, vía satélite.
 
Deste xeito,  ao longo do ano posibilitarase a conexión a internet aos 126.000 galegos que non dispoñen deste servizo a día de hoxe. O obxectivo é  iniciar o  2014 cunha Galicia totalmente conectada e que máis de 1,3 millóns de galegos poidan facer uso das redes NGAs, que permiten velocidades de ata 100Mbps.
 
Ademais, durante este ano completarase a cobertura dos 74 puntos de servizos públicos (centros educativos e sanitarios, xulgados, farmacias) que aínda non contan con acceso á banda larga de calidade e ao único polígono industrial que carece deste servizo. 
 
O operador público Retegal, que conta actualmente con 210 torres e máis de 1.800 quilómetros de fibra óptica, porá en marcha outros 57 centos de telecomunicacións en 2013 para garantir a cobertura de Internet no rural.
 
Son os obxectivos do Plan de Banda Larga para 2013, que conta cun orzamento de 23 millóns de euros, un 21% máis que en 2012.
 
Preto do 96% de galegos con cobertura a día de hoxe
Adiantándose un ano aos seus obxectivos o Plan de Banda Larga pechou 2012 superando o 95% da poboación con cobertura de Internet, unha porcentaxe que hoxe supera o 95,8%. Desde o seu inicio, a mediados de 2010, o Plan posibilitou o acceso á rede a máis de 660.000 galegos dos 786.000 que carecían deste servizo. A día de hoxe o 78% (246) dos concellos galegos teñen o 90% da poboación con cobertura de Internet, antes do plan só dous municipios acadaban esta porcentaxe.
 
As seis actuacións do Plan, todas en marcha, permitiron dotar de acceso á rede a 576 centros de servizos públicos (centros educativos e sanitarios, farmacias e xulgados) e a 19 polígonos industriais, que non dispoñían deste servizo. A día de hoxe dispoñen de banda larga de calidade o 97% dos centros educativos (77% en 2010), o 98% dos centros sanitarios (66,5% en 2010), o 99% dos xulgados (91% en 2010), o 99% das farmacias (93% en 2010) e o 99% dos parques empresariais (82% en 2010).
 
Máis de 1 millón de habitantes con acceso a Redes de Nova Xeración:
Ademais de facilitar o acceso a internet a todos os galegos, outro dos obxectivos do Plan é impulsar a implantación de redes NGAs, que permiten velocidades de ata 100Mbps, fundamentais para o impulsar o crecemento económico e a innovación empresarial. Galicia é das primeiras comunidades da Unión Europea en incentivar a extensión deste tipo de redes. O Plan permitiu que, ata finais de 2012, sexan xa máis de 1,1 millón os galegos que teñen acceso a estas redes máis punteiras.
 
Incrementos por provincias:
Os despregamentos realizados ata agora conseguiuse incrementar a porcentaxe de galegos con acceso á rede do 71% ao 95,8%. Un incremento especialmente significativo nas provincias do interior. Grazas ao Plan en Lugo pasouse dun 54% de cobertura a máis do 90% a finais de 2012; en Ourense do 58% ao 96% mentres que na Coruña incrementouse a poboación con posibilidade de acceso á rede do 75% aos 95% e en Pontevedra do 78 ao 97%. Estes avances reduciron a fenda dixital entre as provincias do interior e as do eixo atlántico do 20% antes existente antes do plan a un 3% a finais de 2012.
 
Tras un exhaustivo estudio sobre a cobertura de banda larga na Comunidade a Xunta detecta que en 2010 só o 71% da poboación tiña cobertura de internet e que a banda larga non chegaba a todos centros de servizos públicos nin a todos os polígonos industriais.
                                         
Para reverter esta situación ponse en marcha O Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013 cun investimento público privado de máis de 237 millóns de euros, 80 achegados pola Xunta aos operadores que colaboran no Plan.
 
Para consultar os avances do plan cidadáns e empresas teñen a súa disposición a aplicación rede http://cobertura-pdbl.xunta.es, na que poden coñecer os avances do Plan no seu núcleo de poboación e tamén se poden informar na oficina de banda larga oficina.bandalarga@xunta.es e no teléfono 981 95 78 68.
 
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias