El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O audiovisual galego chega ao Natpe de Las Vegas co documental "2050: How soon is now?"

É a única produción galega que asiste ao mercado de televisión máis importante de EEUU

16-01-2007

O audiovisual galego está presente estes días no NATPE de Las Vegas, o máis importante mercado de televisión de Estados Unidos, que se celebra entre onte e o xoves. A distribuidora compostelá Isabella Audiovisual presenta alí o documental "2050: How soon is now?" ("2050: E xa demasiado tarde?"), producido por TV7 e dirixido por Ruth Chao García e Javier Silva Salinas. Ademais levará un documental de temática galega, "Muxía, a ferida". "2050" xa foi comprada pola Televisión de Galicia e por Documanía, así como por canles doutros países, entre eles Bélxica, Australia, Rumanía, Francia, Polonia, Irán, Taiwán ou China. E é que o documental aborda un tema de interese planetario, como é o das consecuencias do cambio climático. "2050", rodado en inglés, xa foi traducido ao galego castelán, francés, alemán, portugués, árabe, grego, chino mandarín, polaco e romanés. Sen embargo, trátase da única representación do audiovisual galego neste mercado, segundo sinalaron a AGN dende a distribuidora. "En los MipTV y MipCom suele estar la TVG y alguna otra, pero pocas", engade o responsable de Márketing, Fernando Blanca, que afirma que a presenza do audiovisual galego nos mercados internacionais "es testimonial". "Actualmente las ayudas para la comercialización en mercados internacionales sólo están disponibles para las productoras", afirma Blanca. Os axentes de vendas reclaman por tanto un cambio para que os profesionais poidan acudir aos mercados nas mellores condicións. Proxección internacional A distribuidora do documental afronta na súa segunda tempada de actividade unha apertada axenda en mercados internacionais. Tras Las Vegas, a empresa acudirá a Cannes o vindeiro mes de abril, ao Festival de Málaga no mes de maio, e en xuño ao Discop de Budapest e ao Sunny Side of the Doc. No segundo semestre deste ano, Isabella Audiovisual citarase cos compradores máis importantes do mercado audiovisual internacional no Mipcom de Cannes, no Asia Tv Forum de Singapur e no International Film Festival de Amsterdam. A pesar de contar con clientes de Madrid, Cataluña, Andalucía, Andorra, Francia e incluso de Noruega, só TV Siete figura na carteira de clientes galegos da distribuidora ubicada en Brión. Entre os obxectivos de Isabella Audiovisual atópase o de levar novas producións galegas a mercados internacionais durante este ano. "Vamos a hacer una campaña a comienzos de año para estudiar el potencial comercial de las producciones gallegas", anunciou a AGN o responsable de Márketing da distribuidora galega. Polo de pronto, Blanca opina que a demanda de producións audiovisuais galegas no exterior "no existe de por sí", xa que "no se identifica como una marca diferenciada".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias