El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Cultura pon en marcha unha nova política de apoio á música galega e á súa proxección internacional

Empresas do sector e artistas estarán presentes por primera vez nas principais feiras do mundo

19-01-2007

A conselleira de Cultura e Deporte, Anxela Bugallo, presentou en Santiago a nova política do seu departamento para apoiar a música galega e proxectala internacionalmente. Entre as principais propostas para este ano están as axudas á promoción exterior -tanto para empresas como para artistas-, á producción discográfica e a difusión. Bugallo explicou que a estratexia xeral vaise centrar en catro apartados: a consideración da música como unha industria cultural, a ordenación das políticas públicas de fomento da música, a atención ás necesidades da visibilización social e distribución da música galega ao vivo (concertos) e dos productos fonográficos editados na autonomía e, por último, a internacionalización. Ditas liñas de actuación materializaranse en tres grandes ámbitos: as políticas de axudas e accións afíns, as de programación e de promoción e as de proxección exterior. Este ultimo apartado permitirá, segundo a conselleira, que Galicia estea presente por primeira vez nas principais feiras de música do mundo. Neste sentido, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, informou de que o día 21 de xaneiro ábrese Miden (Cannes, Francia), a principal feira europea da industria musical, onde estará presente a autonomía de forma institucional, cun stand que acollerá ás empresas do sector, que poderán ofertarlle os seus productos aos intermediarios de todo o mundo. Dirección Xeral e Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem) esperan participar tamén nas outras dúas feiras de música máis importantes de Europa, o Popkomm (Berlín) e o Womex (Sevilla). Obxectivos concretos Entre os obxectivos concretos desta nova política, a conselleira de Cultura referiuse ao potenciamento dun mercado musical galego que facilite a distribución dos productos discográficos, a exhibición das propostas musicais e a creación de modelos de exhibición en rede, que faciliten a chegada e o contacto dos músicos co público. Xunto co asentamento dunhas liñas de axuda orientadas a favorecer a innovación e a creación emerxente, a Consellería quere por en marcha tamén servizos que aporten valor engadido ás axudas directas, como o asesoramento empresarial ou a introducción de liñas de financiamento preferente. Axudas O Igaem ten convocadas xa axudas destinadas ás empresas para a súa asistencia a feiras, festivais e mercados internacionais. Pero haberá tamén axudas para a proxección exterior de artistas galegos - que a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural covocará nestre trimeste- e as adicadas á producción discográfica e difusión de proxectos discográficos. Pola súa parte, a Rede Galega de Teatros e Auditorios continuará en 2007 coa distribución de espectáculos entre os 45 concellos e entidades que participan, cunha programación específica neste eido dedicada á música de cámara. Impulsarase tamén a Rede Galega de Música ao vivo, que botará a andar neste mes e na que poderán participar ata 70 solistas nun total de 40 locais de Galicia, con preto dun milleiro de concertos previstos. Completan este apartado o Circuíto 4x4 (proxecto de programación musical para os concellos) e os Circuítos Culturais (cas ofertas de Cultura na rúa, Cultura nova e Cultura en Familia). Para a proxección exterior, Cultura tamén creu unha serie de materiais promocionais, como unha guía de recursos da industria musical galega, a compilación de 50 temas de música galega escollidos por unha comisión de expertos ou un videoclip promocional da marca "Galician tunes. Music in action".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias