El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A aplicación Abalar Móbil permite seguir a actividade educativa dos fillos dende o móbil

16-12-2013 13:52:00

A Xunta puxo en marcha a APLICACIÓN ABALAR MÓBIL, que permite ás familias seguir a actividade educativa dos seus fillos desde o móbil. Pais e nais poderán consultar as cualificacións, as faltas de asistencia ou solicitar unha titoría desde os seus dispositivos móbiles. Simplifica o acceso á información, xa que non se precisa dun certificado dixital ou do DNI electrónico e dun ordenador con lector de tarxetas. 

A implantación da aplicación arranca nunha primeira fase en once centros educativos das catro provincias galegas, o que implica a máis de 4.500 familias. Nos vindeiros meses ampliarase a todos os centros ata beneficiar a  preto de 400.000 familias galegas. Está dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android e traslada as funcionalidades do espazo Abalar aos smartphones e tablets. 

No desenvolvemento de iniciativas como Abalar é fundamental dispoñer dunhas infraestruturas de telecomunicación adecuadas, para que todos os centros teñan acceso a unha conexión á rede de calidade. Nos últimos tres anos, grazas ao Plan de Banda Larga, a Xunta cuadriplicou a velocidade media de conexión a internet dos centros educativos galegos. 

No 2009 o ancho de banda medio  situábase nos 5Mbps  fronte aos máis de 21 Mbps a día de hoxe. O Plan permitiu que 219 colexios e institutos conten con redes de 100 Mbps de velocidade, dos cales 21 disporán desde esta semana con velocidades de 200 Mbps, entre eles o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, no que se presentou a aplicación Abalar Móbil.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias