A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiu no primeiro semestre do ano máis de 15.000 horas de formación dixital gratuíta nas 98 aulas que a integran. O número de usuarios elévase aos 28.312 a día de hoxe cun nivel de satisfacción dun 8,8 sobre 10 en canto á formación e aos servizos dispoñibles na rede.
A rede rexistraba en xuño os 27.000 usuarios, superaba así, nos primeiros seis meses do ano, o obxectivo de acadar en 2013 os 25.000 usuarios.
Datos provinciais:
• Usuarios Pontevedra: 8.673• Usuarios Lugo: 4.208• A Coruña: 12.597• Ourense: 5.581
¿Qué servizos ofrece a rede?
Alfabetización dixital á cidadanía a través de distintas actividades formativas:
1. Cursos presenciais nas aulas da Rede. Como exemplo desta actividade un dato, do total de horas impartidas nos primeiros seis meses do ano á maioría corresponde ao nivel de Formación Dixital Básica, e dentro desta tipoloxía os cursos máis solicitados son “Iniciación á informática”, “Busca de información na Internet” e “Correo electrónico: webmail”.
2. Cursos online a través da plataforma online Ema (Espazo Multimedia de Aprendizaxe)
3. Charlas presenciais
4. Actividades impartidas por entidades colaboradoras coa Rede CeMITServizo de Aula Aberta á disposición dos usuarios da Rede que queiran empregar para o uso persoal os equipos das aulas ou resolver dúbidas mediante o Axente TIC da aula. Aproveitamento de actividades formativas doutros organismos: mediante a retransmisión a través dos sistemas de videoconferencia da rede CeMIT de seminarios, encontros tecnolóxicos, xornadas formativas, presentacións, etc. que poden resultar interesantes organizados por entidades como CDTIC, CNTG, IGAPE, etc. O resto das horas repártense entre a formación para profesionais TIC, realizada en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), que suman preto de 1.700; a destinada aos empregados públicos a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con case de 1.500 horas no primeiro semestre do ano; e as preto de 1.000 horas de formación para empresarios e emprendedores e persoas en situación de desemprego.
O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles na web http://cemit.xunta.es, desde a que os usuarios poden xestionar a súa vida académica na Rede (matriculación en cursos, demanda dos mesmos, recomendacións...).
Perfil dos usuarios: O perfil maioritario das aulas CeMIT é o dunha muller cunha idade comprendida entre 41 e 65 anos e cuns coñecementos informáticos de nivel usuario.
Porcentaxes de usuario por:
1 .Sexo:Mulleres: 57% - Homes: 43%2.
Nivel de coñecemento:• Sen coñecementos: 24%• Básico: 34%• Nivel usuario: 36%• Técnico avanzado: 6%3.
Idade:• Menor de 15 anos: 11,4%• Entre 15 e 25 anos: 10,7%• Entre 26 e 40 anos:31,3%• Entre 41 e 65 anos: 39,3%• Maiores de 65 anos:7,3%.
Plan de Formación 2013:
O Plan de Formación deste ano establece 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesitades. Os itinerarios formativos abranguen a alfabetización dixital básica, a formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especialización e software libre, ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.
Cando o usuario accede á Rede realiza unha proba de nivel para que o Axente TIC lle poida recomendar a realización do itinerario máis axustado ás súas necesidades. Así mesmo os cursos rematan cunha proba de aproveitamento para coñecer o nivel de aprendizaxe do usuario. A Rede ofrece tamén a teleformación a través do Espazo Multimedia de Aprendizaxe, que permite achegar a alfabetización dixital e a formación multimedia e audiovisual a un maior número de usuarios.
Presente en 92 concellos e 53 comarcas, a Rede Cemit, está integrada por 98 aulas públicas de acceso gratuito. O obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.