El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA

O PSdeG esixe ao PP “que poña fin ao seu ataque ás enerxías renovables"

16-09-2014 16:10:19

O portavoz de Industria dos socialistas, Abel Losada, demandou hoxe no Parlamento a elaboración dunha estratexia enerxética para Galicia “e que a Xunta inste ao Goberno de Mariano Rajoy a poñer fin ao seu ataque ás renovables”. “O que ten que facer Feijóo e pensar en beneficio dos galegos, non pregarse aos intereses das grandes empresas”, afirmou. Nunha proposición non de lei na Comisión de Industria, Losada lamentou que Galicia perdese o seu liderado en enerxías renovables, en concreto no sector eólico, “algo que era moi importante en termos industriais, de innovación e de emprego”. “Os intereses entre Rajoy e as grandes empresas eléctricas levaron ao PP a considerar as renovables as grandes culpables do déficit de tarifa, o que derivou na supresión das primas e creando inseguridade xurídica en numerosos investimentos”, sostén o portavoz de Industria socialista. O PSdeG advirte de que “o déficit de tarifa no primeiro semestre ascendeu a 3.656 millóns, un 57% máis do previsto, o que demostra que as renovables non eran as culpables”, aínda que o deputado do PP Hipólito Fariña cualificou esta circunstancia de “lixeiro desvío”. Losada manifestou que o novo comisario de Enerxía da UE, Miguel Arias Cañete, “con intereses en empresas petroleiras, terá como obxectivo o cumprimento dos obxectivos fixados para o ano 2030, que falan dun 20% de enerxía procedentes das renovables”. “O déficit tarifario sube, os prezos da electricidade suben e os beneficios das empresas suben; o Goberno de Feijóo non fixo nada en beneficio das enerxías renovables, non di nada ante as decisións do ministro Soria e o presidente Rajoy, e os grandes prexudicados son os intereses dos galegos”, engadiu.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias