O
portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou
hoxe a “falla absoluta de estratexia, liderado e peso político”
da Xunta cando o sector lácteo afronta a “tormenta perfecta”.
García presentou unha moción parlamentaria que será debatida no
próximo Pleno cunha batería de medidas para afrontar a caída dos
prezos, que sitúan a Galicia na cola do Estado, e o remate do
sistema de cotas.
O
responsable socialista censurou a “vanidade” amosada por Feijóo,
que rexeitou sistematicamente todas e cada unha das propostas dos
socialistas para reforzar ao sector cando os prezos estaban mais
altos. Agora, dixo, os gandeiros e gandeiras galegos están “á
intemperie”, cobrando 33 céntimos por litro, un 10 por cento menos
que a media da UE e tendo que alugar en moitos casos cota por 7
céntimos a outros países.
Ironizou
co feito de que “non podemos rexeitar ningunha medida posta en
marcha pola Xunta a favor do sector sinxelamente porque non puxo
ningunha medida en marcha”. A falla de iniciativa do goberno galego
provoca a vulnerabilidade do sector sen contratos coa industria, o
paquete lácteo sen desenvolver a seis meses do remate do sistema de
cotas e coa ameaza de supertaxa enriba da mesa.
A
esta situación súmase a crise provocada polo veto ao mercado ruso,
que deixa 3.500 millóns de litros de leite sen destino e ameazando
con rachar o mercado español, cun déficit de 3 millóns de
toneladas anuais. Mentres, dixo, a Xunta demóstrase “desbordada”
e vai rexeitando a maioría das axudas solicitadas polas explotacións
gandeiras nos Planes de Mellora e Modernización.
García
considera “incomprensible” que Galicia non sexa quen lidere o
sector do leite nacional cando ten mais do 40 por cento da produción
de leite do Estado e mais da metade dos produtores, dando emprego a
40.000 persoas. Criticou que a Xunta non presentara en cinco anos
unha soa iniciativa de peso cando “non hai ningún comisario
europeo ao que botarlle a culpa, temos un prezo competitivo e hai
mercado interno”.
Ademais,
engadiu, o goberno galego demostrou a súa “absoluta falla absoluta
de peso político” cando o Ministerio de Agricultura ignorou
tódalas aportacións á Lei de Cadea Alimentaria, a proposta de
situar mediadores para garantir a sinatura de contratos en aplicación
do paquete lácteo, e o tamén o último reparto feito da Reserva
Naional.
Medidas
García
propuxo a toma de medidas por parte do goberno galego “que non
precisan de cartos, ningún desembolso nin aportación económica”
e resultan fundamentais para garantir a viabilidade do sector. Reclamou un plan específico de seguimento dos prezos, entregas,
arrendamentos ou contratos, consensuado co sector, así como
trasladar unha postura clara e concreta fronte ás modificacións do
paquete lácteo.
Reclama
ademais unha “liña quente” entre a Xunta e o Ministerio para
facerlle chegar “medidas claras e concretas que a UE debe adoptar
urxentemente para paliar os efectos do veto ruso”. Propuxo ademais
aumentar a dotación para almacenamento privado e aumentar o prezo de
intervención, vixiando posibles casos de “dumping” empresarial
pola entrada de produtos excesivamente baratos para romper cos
prezos.
Un
plan plurianual de investimentos priorizando o sector para que os
gandeiros poidan dispoñer de mais terra, diante do papel
determinante que xogarán os custes da produción de leite e o
axeitado aproveitamento do “factor terra” no novo escenario
liberalizado.
O
deputado socialista calificou como inaceptable a denegación da
maioría dos Plans de Mellora e Modernización solicitados. “Con
este escenario, a única medida para axudar directamente ó sector
que tiña a Consellería, non só non a utiliza senón que penaliza a
aquelas explotacións que apostaron por seguir producindo e por
invertir”.
“Por decisión deste goberno embarcou os gandeiros a
face inversións, a solicitar e pagar licencias urbanísticas, a
iniciar as obras porque os prazos que daban eran irrealizables ... e
agora denégalles a axuda”.
Pablo
García manifestou que o PSdeG-PSOE buscará alianzas cos demais
grupos, con concellos, con alcaldes e coa sociedade en xeral de
moitas zonas que dependen deste sector para buscar unha saída a
estes afectados. De non atopala para moitas explotacións sería a
“estocada definitiva por parte do goberno Feijoo”.