O director artístico de Teatro Nacional Sao Carlos de Lisboa foi nomeado como novo director artístico do Festival Mozart de A Coruña. Así o anunciou en rolda de prensa o alcalde da Coruña, Javier Losada. O rexedor da cidade herculina informou da contratación de Pinamonti para encargarse da dirección artística do Festival en 2008, 2009 e 2010. O italiano encargarase de deseñar a programación, seleccionar artistas, títulos, producións e todo o relacionado coa actividade musical e lírica do Festival, que se celebra na Coruña entre os meses de maio e xuño dende 1998. O evento é unha das principais actividades da Orquesta Sinfónica de Galicia, que este ano cumpre o seu decimoquinto aniversario. Boa parte da súa programación consiste na representación de óperas de Mozart e outros autores. A vindeira edición do Festival Mozart terá lugar entre o 16 de maio e o 7 de xullo.