El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A exposición "Vida e morte no Antigo Exipto" amosa pezas inéditas para coñecer a civilización exipcia

A mostra chega a Santiago tras pasar por Logroño e Porto

30-01-2007

A exposición "Vida e morte no Antigo Exipto. Da arte faraónica ao Faro de Alexandría" amosa pezas inéditas para dar a coñecer a civilización exipcia. Tralo seu paso por varias cidades galegas, así como por Logroño e Porto, a mostra inaugurouse na Igrexa da Universidade de Santiago. Comisariada polo escultor Cándido Pazos, "Vida e morte no Antigo Exipto" recolle numerosas obras, entre pezas e gravados, de distintas coleccións particulares de España, especialmente da Colección de Santiago Vivanco. Na sección dedicada ao descubrimento de Exipto, a exposición conta con arredor de 300 pezas, con gravados feitos por viaxeiros e artistas que participaron nas expedicións do século XIX e que dan testemuña de templos xa desaparecidos. A mostra afonda nos obxectos da vida cotiá, a arte, os costumes funerarios, a historia ou a relixión nun percorrido cronolóxico, no que se inclúe tamén mostras da cultura copta, dos primeiros cristiáns en Exipto, frecuentemente esquecida e cunha arte de grande influencia en Occidente. Pola súa grandiosidade, cabe salientar unha reprodución do Novo Faro de Alexandría de 2,5 metros de altura, realizado polo propio comisario da exposición tras un longo período de investigación. Os organizadores da mostra agardan acadar os 200.000 visitantes ata o 4 de marzo, data na que se pechará a exposición, organizada por Caixanova en colaboración coa Fundación para la Investigación y la Divulgación del Antiguo Egipto (Fidae).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias